PREPUBLICACIÓN Selo Aira O caderno de Rutka 16,00 € 12,80 € 15,20 € En 1943, con apenas catorce anos, Rutka Laskier comeza a escribir un caderno no que deixa constancia da súa vida no gueto xudeu de Bedzin, na Polonia ocupada polos nazis. Entre as páxinas aparecen os seus medos, desexos, amizades, o primeiro amor e as preocupacións propias dunha adolescente, mais asemade a progresiva destrución do mundo que coñece. O que... Engadir á cesta
PREPUBLICACIÓN Selo Aira O Camiño da Geira e dos Arrieiros 16,00 € 12,80 € 15,20 € O Camiño da Geira e dos Arrieiros e un Itinerario Cultural de Interese Autonómico que une as cidades de Braga e Santiago de Compostela desde hai centos de anos. Moitos son os motivos polos que botarse a camiñar nestas paraxes, mais calquera razón é boa para descubrir un territorio acugulado de beleza natural, legado histórico e patrimonio inmaterial.... Engadir á cesta
PREPUBLICACIÓN Selo Aira Galicia e León no tempo da raíña Sancha e o rei Fernando I 28,90 € 23,12 € 27,46 € A raíña Sancha e o seu marido Fernando I gobernaron os territorios de Galicia e León entre os anos 1038 e 1065. Un momento histórico decisivo para comprender os séculos posteriores. Os prestixiosos historiadores Bernard J. Reilly e Simon R. Doubleday desmitifican ideas como a «Reconquista» e a oposición entre cristiáns e musulmáns, ao tempo que subliñan... Engadir á cesta
PREPUBLICACIÓN Selo Aira A gata e outros relatos 25,90 € 20,72 € 24,61 € Unha moza recén casada desafiada polo amor que o seu marido sente por unha gata cartuxa; as reviravoltas dunha adolescente que se nega a admitir o destino que a súa familia planificou para ela; unha noite de delirio e poesía ao redor dunha cama enchoupada onde un cativo derrete coa febre. «A gata», «Gigi» e «O neno doente» son tres dos contos máis... Ver opcións
PREPUBLICACIÓN Selo Aira O elixido 19,00 € 15,20 € 18,05 € Isabelle vive co seu fillo Éli, o elixido, un neno con trastorno do espectro autista severo que apenas pode comunicarse e que terá que vivir nun centro. A súa nai esconxura a rabia e a pena pola separación cunha narración arrebatada, luminosa e violenta que transmite, pura e poderosa, toda a forza dun amor incondicional. Primeira novela de Catherine... Engadir á cesta
PREPUBLICACIÓN Selo Aira Santiago 23,90 € 19,12 € 22,71 € Ano 1589: A Armada de Filipe II contra Inglaterra fracasou. Isabel I encárgalle a Francis Drake a vinganza. Santiago de Compostela está baixo a ameaza de dous reis. Isabel quere reducir a catedral a cinzas; Filipe ansía completar a colección de reliquias de El Escorial cos ósos máis santos. Un antigo soldado e unha falsa noviza terán que loitar para... Engadir á cesta
Selo Aira A liberdade que me habita 16,00 € 15,20 € Zahira está a piques de competir na proba que pode decidir o seu futuro. Será a primeira triatleta que represente a Marrocos nuns Xogos Olímpicos? Mais a auténtica carreira foi chegar até alí. A emigración a Galicia, a tensión entre a cultura dos seus pais e a nova vida en Europa. O deporte é a súa maneira de reivindicar un lugar no mundo, o xeito de... Engadir á cesta
Selo Aira O miradoiro 6,00 € 5,70 € Premio Abrente de textos teatrais 2025 A e B soben os douscentos corenta e oito chanzos que levan ao miradoiro, ese lugar no que atopan a perspectiva idónea para reflexionar sobre as súas vidas, sobre a súa relación, sobre os seus medos e esperanzas. Engadir á cesta
Selo Aira O ruletista 19,95 € 18,95 € Mircea Cărtărescu condensa neste relato febril a historia dun home que converte a ruleta rusa nun espectáculo público e hipnótico. Unha parábola escura e poética sobre a fama, a morte e a necesidade desesperada de transcendencia, escrita coa materia prima da boa literatura. Unha viaxe alucinada á Bucarest do tempo de Ceaușescu. As ilustracións de Ramón... Engadir á cesta
Selo Aira Gañarás un mar en calma 19,95 € 18,95 € Na casa de Gona, a narradora desta novela, corre unha lenda familiar: Que o bisavó Espiridió recibiu este exótico nome por unha promesa do seu pai tras ser rescatado dun naufraxio nunha illa grega. Cando lle entrega á súa filla esta historia, coma un legado, á súa filla Amália, Gona entende que ten que investigar que hai de verdade nese eco do seu pasado. Engadir á cesta
Selo Aira Suseia 23,90 € 22,71 € Ano 1168: O futuro de Santiago de Compostela como unha das capitais da Cristiandade está en cuestión. O Mestre Mateo recibe a encarga de rematar unha basílica digna de acoller o panteón dos reis de Galicia. A maceta do canteiro converterá a pedra na representación da marabilla da palabra de Deus, pero non hai creador que non sufra as consecuencias da... Engadir á cesta
Selo Aira O libro dos anatemas 19,00 € 18,05 € O primeiro libro de Val Eudoxia abre as carnes do patriarcado, extrae da dor e a opresión materia viva que brilla neste monllo de relatos que abraian e estremecen.«O libro dos anatemas non só denuncia a violencia relixiosa e social exercida sobre as mulleres, senón que a transforma en materia simbólica, en alegoría feroz e en insurrección literaria». Do... Engadir á cesta
Selo Aira Non é unha bonita palabra 16,00 € 15,20 € Algunha vez che apeteceu dicirlle «non» a alguén, mais non quixeches mancalo? Hai veces que queres dicir «non», mais acabas por dicir «si» e sénteste a desgusto? Acompaña a Sia nunha fascinante viaxe na que ha aprender a dicir «non» con seguridade e elegancia. Un libro que axuda a comprender o valor da asertividade, a sermos amables sen ignorar os... Engadir á cesta
Selo Aira Os fabuladores 19,90 € 18,91 € En xaneiro do 1961, un comando de opositores ás ditaduras de Franco en España e de Salazar en Portugal secuestrou en alta mar o transatlántico Santa Maria. Á fronte da operación, dous galegos: Pepe Velo e o comandante Sotomayor, e mais un portugués, o capitán Galvão. Tres figuras hoxe míticas que José Ignacio Carnero converte en personaxes literarios... Engadir á cesta
Selo Aira Ao outro lado do medo 20,90 € 19,86 € Joana toma conta da vida nun momento de cambio que a obriga a equilibrar todos os seus desexos e obrigas. Nai divorciada de dous adolescentes, adáptase ao feito de que o seu ex marido vaia ser pai de novo mentres recorda o breve encontro cun home atractivo e misterioso que vive ao outro lado do océano.Marta Orriols reiventa a novela costumista de... Engadir á cesta
Selo Aira Para entender Palestina. Unha historia visual 21,90 € 20,81 € Unha historia visual para comprender o fracaso da paz en Palestina. Durante máis dun século a cuestión palestina parece unha ecuación de imposible resolución. Por que? Cales son as razóns desta guerra interminable? Segue a ser viable unha solución de dous Estados? É posible a coexistencia entre palestinos e israelís? Baseado en dez anos de estudo e nas... Engadir á cesta
Selo Aira Pintiñas 16,00 € 15,20 € Pintiñas perdeu as súas pintiñas. Coa axuda da clínica Parchís e a súa terapia de cores recuperará aquelas calidades que lle axuden a ser feliz. Engadir á cesta
Selo Aira O Libro dos Monstros 19,95 € 18,95 € Cando o mundo aínda non era unha esfera diáfana, entre as súas sombras agochábanse marabillas e abominacións. A imaxinación humana creou figuras, animais e seres mitolóxicos que nos acompañan desde hai milenios. Nesta obra, escrita en Europa no século VIII por unha man anónima, todas esas criaturas brotan e hoxe en día seguen a abraiar. Ver opcións
Selo Aira Diario do paraíso 19,95 € 18,95 € Iria ten dezaseis anos cando comeza a traballar nun pazo decadente e inabarcable como criada para todo. Ela, e o seu irmán, que é xardineiro, traballan duro para que os misteriosos dona Ana e don Xan poidan sobrevivir. Este é o diario da relación entre todos eles, un diario dun paraíso. Pero os paraísos terreais non duran para sempre. A primeira novela... Engadir á cesta
Selo Aira Comerás flores 19,95 € 18,95 € Un día de festa e verán, Marina queda prendida na mirada dun home e sente como lle aparecen arañiñas na pel. A pesar de que é vinte anos máis vello, a moza atopa nel a parella ideal. Pero axiña descubrirá que unha casa pode gardar dentro de si un inferno. O debú de Lucía Solla Sobral gaña público e admiración día tras día pola súa gran capacidade de... Engadir á cesta