Selo Aira A máis recóndita memoria dos homes 22,90 € 21,76 € PREMIO GONCOURT 2021 Diégane Latyr Faye, escritor senegalés emigrado en París, descobre o mítico libro O labirinto do inhumano, publcado no 1938, que convertera nun maldito o seu autor, T. C. Elimane, polas acusacións de plaxio. Fascinado por el, Faye pescuda o seu rastro a través dos relatos das persoas que o coñeceron e o amaron. Esta novela lese como... Engadir á cesta
Selo Aira Amaia Lapitz e o sartego da Raíña Vermella 16,00 € 15,20 € Amaia Lapitz é unha rapaza moi curiosa e algo testana que acompaña a súa nai, unha das arqueólogas máis importantes do mundo, a Yucatán, México, para investigar os segredos das súas ruínas maias. Pero os misterios do pasado e as inxustizas do presente enredarana nunha serie de aventuras que porán en risco a súa vida e para as que necesitará todas as súas... Engadir á cesta
Selo Aira A salvaxe vida dos dinosauros e outros animais prehistóricos 19,95 € 18,95 € Prepárate para embarcarte nunha viaxe chea de cor e diversión arredor da terra prehistórica. Explora os incribles animais e os xigantescos dinosauros que deambulaban polo planeta millóns de anos antes de que aparecesen os humanos. Este divertido libro é a maneira perfecta para aprender sobre estes animais alucinantes e as súas salvaxes vidas. Engadir á cesta
Selo Aira O nariz de Cirano e outros nobelos 18,00 € 17,10 € Neste libro de relatos, Bieito Iglesias fai un percorrido a medias nostálxico a medias irónico sobre varios dos grandes temas presentes de sempre na súa literatura: A pegada da doenza e mais da infancia, a lembranza dos seres queridos, o final do mundo tradicional... Gran variedade de personaxes e atmosferas onde conviven o sentido do humor e moita, moita... Engadir á cesta
Selo Aira Penélope tece 17,00 € 16,15 € Penélope tece e lembra. E os fíos do seu recordo cóntannos unha historia onde a nostalxia e a beleza van construíndo un tapiz cheo de cor. María Besteiros toma o mito homérico como punto de partida para compor un poema ilustrado por Bea Gregores. Unha celebración literaria do amor e da resistencia. Engadir á cesta
Selo Aira Tamarindo 18,00 € 17,10 € VI PREMIO DE NOVELA VILAR PONTE 2024 Arquipélago de St. Kitts e Nevis. Un home recupera a liberdade xusto no momento no que a súa memoria empeza a esclarecer que foi del nos últimos anos. Unha treboada está a piques de azoutar as illas e a súa vida. Xavier Queipo recupera un personaxe das súas obras Malaria sentimental e Os kowa nunha obra sobre a... Engadir á cesta
Selo Aira A historia de Galicia en 30 obxectos 19,95 € 18,95 € Disque os obxectos son quen de gardar o pasado e mantelo vivo para nós. Con este libro vas coñecer como elementos tan cotiáns coma unha campá, un carro, unha moeda ou un reloxo nos comunican coa historia de Galicia. Polas páxinas desta obra do historiador David Gesteira pasan libros prodixiosos, ferramentas do pasado, edificacións senlleiras e multitude... Ver opcións
Selo Aira O campionato de wáter-polo do río Mara 16,00 € 15,20 € Cada ano, o equipo dos crocodilos gaña o campionato de wáter-polo do río Mara. Nin rinocerontes nin flamengos nin ñus poden con eles. Mais desta volta un equipo de rapazas e rapaces está a piques de dar a sorpresa. Un conto cheo de suspense e humor que nunca cansarás de ler e reler. Engadir á cesta
Selo Aira Ai 14,00 € 13,30 € Ai é un cadeliño algo despistado, ben simpático e bastante sensible que está falto de amor. Por que todo o mundo pronuncia o seu nome se logo non queren a súa amizade? Mais na vida todo chega, tamén o cariño verdadeiro. Engadir á cesta
Selo Aira As que non dormen. NASH 22,90 € 21,76 € Na sima de Lagarrea aparece o cadáver de Andrea Dancur, que levaba tres anos desaparecida e por cuxo asasinato cumpría condena Salomé Aduriz, a ex parella da nai da moza asasinada. A doutora Nash Elizondo, chamada polos medios «a psicóloga dos mortos», recibe a encarga de investigar que sucedeu de verdade con Andrea, que sucedeu de verdade no val do... Engadir á cesta
Selo Aira A pausa. Diario do confinamento (2020-2025) 19,95 € 18,95 € O 14 de marzo do 2020 o goberno español decretou o estado de alarma sanitaria e impuxo un confinamento xeral que impedise a expansión da pandemia de covid-19 que todo o mundo estaba sufrindo desde poucas semanas antes. Nese tempo todos e todas vivimos nunha especie de limbo existencial onde convivimos co medo e a esperanza, onde experimentamos soidade e... Engadir á cesta
Selo Aira A noite das tartarugas 19,00 € 18,05 € Livia é deportista, fermosa, ten unha familia que a quere e as amigas que toda adolescente desexa. Mais Livia sofre de retinite pigmentosa, unha doenza que lle produce problemas de visión e que vai condicionar a súa vida enteira. Unha historia ás veces doce, ás veces dura, sobre a superación persoal, sobre a adaptación ao mundo real, sobre a ilusión de... Engadir á cesta
Selo Aira Hortensias, camelias, palmeiras 18,00 € 17,10 € Teresa é unha adolescente de Lucián, o trasunto literario dunha vila calquera no norte de Galicia. Teresa é unha boa alumna e forma parte do coro da escola de Música local. Cun estilo envolvente e magnético, Eva Moreda constrúe un universo literario único e inesquecible, unha biografía colectiva dun tempo recente, pero xa pasado, que se evoca con... Engadir á cesta
Selo Aira O emisario submarino 18,00 € 17,10 € A reacción colectiva a un accidente da construción. Unha excursión ao mar unha tarde de tormenta. A lembranza daquel gol de Vicente Celeiro que evitou o descenso do Deportivo. Unha mula desbocada no peirao da Coruña... O debú literario de Félix Longueira está composto por trece relatos onde o ordinario acolle, espera ou esquiva o inesperado. Engadir á cesta
Selo Aira Habitada 19,00 € 18,05 € Manuela é unha moza cunha especial sensibilidade para captar o que non se ve, para comunicarse coas criaturas e enerxías que se refuxian no profundo. Pobre e sometida ás imposicións dos homes, sentirá dentro de si como aflora unha forza descoñecida que mudará a vida dela e a de todos os que a arrodean. Cristina Sánchez-Andrade toma como pretexto a... Engadir á cesta
Selo Aira O segredo do trasno 18,00 € 17,10 € A descuberta dun novo territorio sempre é a descuberta dun novo mundo. Atopar novas xentes e novas paisaxes fainos reverdecer os vellos vínculos cos nosos. Desa fascinación toma este libro de poemas a súa materia prima. Novo título da colección Valilongo de poesía que Aira coedita coa Fundación Insua dos Poetas. Engadir á cesta
Selo Aira O bo vasalo 23,90 € 22,71 € Principios do século XII: O Galego é un xeseiro que leva mal as inxustizas. Mais baixo o seu perenne silencio garda un segredo. O segredo do que ocorreu en Valencia tras a conquista do Cide uns anos antes. Francisco Narla recrea un dos episodios máis coñecidos e peor contados da historia medieval: as fazañas dun guerreiro que se enfrontou por igual a... Engadir á cesta
Selo Aira As abraiantes aventuras de Mariña (edición integral) 25,00 € 23,75 € Lote que reúne as dúas entregas de As abraiantes aventuras de Mariña: 'Carriandola' e 'Bulleira'. Unha aventura nun 2020 alternativo onde o mundo quedou sen electricidade e unha moza galega ten a chave para encontrar unha nova fonte de enerxía inesgotable. Cómic de aventuras con moito humor. Engadir á cesta
Selo Aira Xulia e as cóxegas das nubes 16,00 € 15,20 € Xulia decidiu nacer antes do previsto. Xusto o día que ficou sen electricidade a TurboBarloventa, a máquina que fabrica nubes de vida. Haberá algo que a poida substituír? Engadir á cesta
Selo Aira Suite Francesa 29,90 € 28,41 € Verán do 1940. O exército alemán avanza cara a París. A poboación foxe das súas casas na capital e inicia un éxodo por estrada para evitar a guerra. Nese mesmo momento, Irène Némirovsky empeza a escribir a que vai ser a súa magna obra: un fresco coral sobre ese tempo de incerteza e medo. Suite francesa é o testemuño en tempo real da ocupación nazi de... Engadir á cesta