Selo Aira A posibilidade de chamarlle casa 19,95 € 18,95 € Tina, veterana correspondente de televisión no Líbano, decide volver á casa, en Catalunya, logo dunha crise persoal. A volta ao ámbito familiar, onde a esperan unha nai distante, unha irmá perfeccionista e un pai que empeza a sufrir os danos da demencia, será máis difícil do agardado. A nostalxia por dous amores que a rodean tampouco axudarán a empezar de... Engadir á cesta
Selo Aira Tritón 16,00 € 15,20 € B., unha limpadora que vive ao carón do mar da Coruña, empeza a recibir visitas dunha criatura do mar, silenciosa e sedutora, coa que deixa que se manifesten os seus máis escuros instintos. Nemo, ou Tritón, tamén coñecerá a Domingos, un veterano pescador que garda na memoria todas as historias do océano. Novela poética e moi persoal dunha das grandes... Engadir á cesta
Selo Aira Banainas 19,95 € 18,95 € 1,2,3! Prepárate para as disparatadas trasnadas dos Banainas, un grupo de criaturas que che farán rir a esgalla! Únete a esta atoliscada cuadrilla do Colexio Animal Darwin e desfruta coas súas aventuras! Gargalladas garantidas en cada páxina. Personaxes inesquecibles. Nunca volverás ver o cole cos mesmos ollos. Engadir á cesta
Selo Aira Tres contos para nenas malas 19,95 € 18,95 € Este libro recolle tres contos que lle dan a volta por completo ao sentido da tradición. As nenas protagonistas demostran grande enxeño e valentía para esquivar os problemas que lles pon diante a vida. O texto de José Ovejero e as ilustracións de Miguel Robledo lévannos a un universo cheo de humor e crítica social sobre temas como o patriarcado, a... Ver opcións
Selo Aira O atallo 18,00 € 17,10 € Finalista do Premio Òmnium á mellor novela do ano 2020. O narrador e protagonista desta novela vainos contando o seu paso da infancia á adolescencia con tal naturalidade que poderiamos lelo por toda a eternidade. É fillo dos criados dos donos dun chalé no Empordá (Catalunya) e para ir á escola en bicicleta usa un atallo á beira dun estanque de parrulos e... Engadir á cesta
Selo Aira Unha gripe cabaluda 16,00 € 15,20 € O inspector Benito Marañao volve ás rúas. Ás rúas desertas do confinamento pola «gripe cabaluda» que se estendeu polo mundo no 2020. Desta volta o retranqueiro policía terá que investigar a misteriosa morte dunha moza de quince anos, nuncaso que non é o que parece. Bieito Iglesias volve enfiar os vimbios da novela negra co relato humorístico nunha obra... Engadir á cesta
Selo Aira Unha mínima infelicidade 19,00 € 18,05 € Annetta, a narradora desta historia, non dá medrado fisicamente por unha enfermidade descoñecida. Pasa a infancia e a xuventude querendo entender a súa nai, a fascinante Sofia Vivier, a persoa máis importante da súa vida, mais tamén a responsable de que na súa existencia sempre pareza flotar no ambiente unha mínima infelicidade. Unha brillante novela,... Engadir á cesta
Selo Aira O segredo das irmás Asorey 22,90 € 21,76 € A proclamación da II República, o 14 de abril do 1931, coincide coa morte do prestixioso doutor Asorey en Santiago de Compostela e co asasinato da lavandeira que se ocupaba de facer a bogada na casa del. A incerteza do tempo histórico e o medo das súas catro fillas, que vivían con el, vainas obrigar a tomar unha decisión que condicionará as súas vidas... Engadir á cesta
Selo Aira A boca da sombra 16,00 € 15,20 € Alguén está a matar as prostitutas de Putown. O medo esténdese polas súas rúas porque na cidade son elas as que gobernan, as que tomaron conta do propio corpo para que non se lucre del máis ninguén. Unha novela desacougante e moi orixinal que utiliza os mecanismos do terror, da poesía e o humor para compoñer un universo inesquecible. Emma Pedreira pon... Engadir á cesta
Selo Aira Xaora 19,95 € 18,95 € Virxinia anda medio perdida. As súas dores físicas e mais as cicatrices emocionais tráena sen azos, buscando respostas para as grandes preguntas ás que se quere enfrontar como adulta. A visita da pantasma da súa avoa, vitalista, descarada, feliz por recuperar o vizo da mocidade, axudaraa a comprender que é o realmente valioso e auténtico. Ana Moreiras... Engadir á cesta
Selo Aira Joaquín Vaamonde Cornide 19,95 € 18,95 € Joaquín Vaamonde Cornide foi un dos máis destacados membros da Xeración Doente. O seu falecemento con só 29 anos impediulle alcanzar maiores cotas artísticas, mais a súa carreira foi fulgurante. Coñecido principalmente polos seus marabillosos retratos, entre os destaca o de Emilia Pardo Bazán, descoñecíase até agora parte da súa biografía. Perfecto Ramos... Engadir á cesta
Selo Aira Cando chega o outono 16,00 € 15,20 € Ourizo Neto camiña canda a avoa polo bosque facendo preguntas sobre todo o que observa. Entenderá como muda a natureza conforme pasa o tempo? Unha fermosa historia chea de poesía e beleza que nos achega aos cambios das estacións e os efectos que produce no bosque, cheo de luz e de misterios. Engadir á cesta
Selo Aira Os inocentes 22,90 € 21,76 € A tenente Valentina Redondo está a piques de casar co seu grande amor, o tenro e divertido Oliver Gordon. Mais en troques de preparar o casamento, a oficial máis afouta da Policía Xudicial terá que enfrontarse ao caso máis estraño da súa carreira. Varias persoas morren, aparentemente envelenadas, durante un encontro de lecer de varios empresarios no... Engadir á cesta
Selo Aira De novo centauro 19,95 € 18,95 € Nun futuro indefinido, pero moi próximo, a realidade virtual-aumentada está no seu apoxeo. Paula é unha das máis brillantes profesionais da creación de contidos para ese multiverso ao que se accede cunhas lentes especiais, as OFtal. A súa percepción sobre as vivencias que experimenta no mundo real e nese novo mundo creado mudará cando viaxa a París para... Engadir á cesta
Selo Aira A dama de branco 45,00 € 42,75 € A vida do profesor de debuxo Walter Hartight cambia para sempre cando viaxa de Londres até Cumberland para darlles clases a Laura Fairlie e Marian Halcombe. A casualidade farao partícipe dun misterio do pasado que marcará o seu presente. Unha das grandes novelas populares do século XIX, éxito absoluto desde a súa publicación, con tintes de novela... Engadir á cesta
Selo Aira Rutas polo pasado xudeu de Galicia / Rutas por el pasado judío de Galicia 19,95 € 18,95 € Esta guía permite coñecer o legado material e inmaterial que séculos de presenza xudía deixaron en Galicia. Unha visita moi especial á Coruña, Betanzos, Pontedeume, Ferrol, Ribadeo, Santiago, Pontevedra, Tui, Baiona, Monforte, Ourense, Ribadavia, Allariz e Monterrei. O libro organiza as rutas de visita e dá moitos datos prácticos para facilitar esta... Engadir á cesta
Selo Aira Pollyanna 19,00 € 18,05 € Pollyanna é unha nena orfa que da noite para a mañá debe mudar por completo de vida. A súa tía Polly é calada e moi seria e irrítase co bo humor, a fantasía e o «xogo» da súa sobriña. Pero en que consiste o «xogo»? En verlle o lado bo a todas as cousas, incluso a aquelas que parecen negativas de todo. Un clásico da literatura infantil cheo de tenrura,... Engadir á cesta
Selo Aira O Libro das Marabillas 19,95 € 18,95 € Setecentos anos despois, esta obra de Marco Polo segue fascinando porque nos transporta a un mundo real que parece mítico, a un continente cheo de contrastes, riquísimo en diversidade cultural, natural e xeográfica, berce de civilizacións onde a destrución e o luxo máis refinado conviven. O Libro das Marabillas é un manual para mercadores, escrito con... Engadir á cesta
Selo Aira O espertar 19,00 € 18,05 € Edna Pontellier vive un matrimonio cómodo, mais anódino, en Nova Orleans, no século XIX. Aínda que se leva ben co marido, a presenza dun atractivo amigo da familia e a calor do verán á beira do golfo de México van transformar o seu xeito de ver a vida para sempre. O espertar, de Kate Chopin, escrita no 1899, lese no noso tempo coma se se acabase de... Engadir á cesta
Selo Aira O emperador de Portugalia 19,95 € 18,95 € O vello Jan nunca pensou en ter unha filla e a noticia incomodouno. Mais a primeira vez que colle no colo a súa meniña vaille cambiar a vida. Tan pobre como é, o amor da súa filla parécelle un tesouro. Cando ela teña que marchar para gañar diñeiro co que evitar o desafiuzamento dos pais, Jan creará unha fantasía para fuxir da dura realidade da separación... Engadir á cesta