Selo Aira O espertar 19,00 € 18,05 € Edna Pontellier vive un matrimonio cómodo, mais anódino, en Nova Orleans, no século XIX. Aínda que se leva ben co marido, a presenza dun atractivo amigo da familia e a calor do verán á beira do golfo de México van transformar o seu xeito de ver a vida para sempre. O espertar, de Kate Chopin, escrita no 1899, lese no noso tempo coma se se acabase de... Engadir á cesta
Selo Aira O emperador de Portugalia 19,95 € 18,95 € O vello Jan nunca pensou en ter unha filla e a noticia incomodouno. Mais a primeira vez que colle no colo a súa meniña vaille cambiar a vida. Tan pobre como é, o amor da súa filla parécelle un tesouro. Cando ela teña que marchar para gañar diñeiro co que evitar o desafiuzamento dos pais, Jan creará unha fantasía para fuxir da dura realidade da separación... Engadir á cesta
Selo Aira Como funciona? 20,95 € 19,90 € Que atoparías se cortases pola metade unha máquina de escribir, unha pelota de golf, unha colmea, unha máquina expendedora ou até un carrusel? En Como funciona. A extraordinaria natureza das cousas máis ordinarias as mentes curiosas poderán botarlle unha ollada ao interior —literalmente— de extraordinarias estruturas e mecanismos dentro de obxectos... Engadir á cesta
Selo Aira Boulder 10,00 € 9,50 € PREMIO ÒMNIUM Á MELLOR NOVELA DO ANO 2020 Á protagonista desta novela a súa moza chámalle Boulder, coma eses cons illados que aturan os vagallóns chantados no medio dos océanos. Mais que ocorrerá con esa muller que foxe de todo e de todos na procura da súa liberdade plena cando sinta que o amor está a piques de mudala para sempre? Nesta obra Eva... Engadir á cesta
Selo Aira Antoloxía esencial 18,00 € 17,10 € A poesía de Arcadio López-Casanova estivo sempre na vangarda da literatura galega da segunda metade do século xx (versalitas) e do xxi. Combinou o seu dominio da métrica, do ritmo e dos recursos líricos cun profundo coñecemento das posibilidades expresivas da lingua. Esta Antoloxía esencial é tamén unha reivindicación do seu legado. Unha oportunidade para... Engadir á cesta
Selo Aira Breo. O celta que desafiou a Roma 23,90 € 22,71 € Breo é só un neno cando un ataque a traizón arrasa o castro de Lagouzos onde era xefe o seu pai. El foi o único que se salvou. Os que non morreron foron escravizados nas inmensas minas de ouro que alimentan os delirantes soños do emperador Nerón. O Imperio Romano chegou a Gallaecia disque para edificar pontes e calzadas, mais tamén a destrución: da terra... Engadir á cesta
Selo Aira Os estraños 10,00 € 9,50 € PREMIO ÒMNIUM 2017 Un mozo prusiano de boa familia e coa cabeza máis na música ca no mundo real, chega no ano 1837 a Solsona, en Catalunya, para loitar a prol do pretendente Carlos de Borbón, a prol da Orde na guerra contra o liberalismo da raíña María Cristina. Mais nada do que atopa é como el pensaba, e en vez da mística bélica vai atopar a amizade, a... Engadir á cesta
Selo Aira A estirpe do arcanxo 19,95 € 18,95 € Maia ten dezasete anos, adora os libros antigos e sempre anda á pelexa coa súa melena loura e riza. A súa vida vai mudar cando descobre que está a nacer nela un novo e descoñecido poder. Novas figuras e forzas ancestrais porán a proba a súa resistencia e o seu corazón. Novela xuvenil de fantasía cotiá, protagonizada por unha personaxe inesquecible. Chea... Engadir á cesta
Selo Aira As alas da serpe 16,00 € 15,20 € As alas da serpe é un conxunto de poemas sobre a experiencia, a lembranza e a fascinación. Unha ollada cálida que converte o exótico en familiar, que repara no que ninguén ve ou pretende ignorar. A celebración dun encontro talvez imprevisto talvez predestinado entre xeitos de abrazarse á vida que parecen moi distantes só na aparencia xeográfica. Engadir á cesta
Selo Aira Os Lobariñas Feixoo. Luz e memoria nos Séculos escuros 19,95 € 18,95 € Gregorio Lobariñas Feixoo é unha das figuras máis descoñecidas e atractivas da nosa historia cultural. Este inquisidor de Crecente escribiu As Galegadas, de a cabalo entre os séculos XVI e XVII, obra hoxe perdida, mais escrita en lingua galega en plenos Séculos Escuros. Antonio Jacinto Lobariñas Feixoo, un dos seus parentes, nacido en Filgueira (Crecente)... Engadir á cesta
Selo Aira A inmoral doutora Cons 22,90 € 21,76 € XLI Premio Blanco-Amor de Novela 2022. O Golpe, xa ancián, recorda a súa adolescencia, na década do 1940 en Pazos de Arenteiro. O tempo que compartiu coa doutora África Cons cando ela chegou para cubrir unha vacante de médica e tivo que enfrontarse á hostilidade das forzas vivas do lugar. Retrato vívido dunha época da Galicia rural que xa se extinguiu.... Engadir á cesta
Selo Aira A parte dos anxos 19,95 € 18,95 € Belas criaturas no transo da morte. Humor e terror abrazados nun melancólico tango. Esta colección de relatos de Emma Pedreira e Carlos Lago detense no derradeiro alento para converter o inesperado, o incómodo e o arrepiante en literatura, en beleza. Engadir á cesta
Selo Aira Bigote de tres pelos 14,00 € 13,30 € Que está a pasar na cara do Avó Luís? Vaites!, os tres pelos do seu bigote comezaron unha protesta. Teñen unha lista de demandas e todo. En que acabará todo isto? Ver opcións
Selo Aira Aires de poesía 10,00 € 9,50 € A Terra de Celanova é berce e refuxio de grandes poetas. Esta antoloxía reúne e fai cómplices entres si unha boa presada deles e delas. Forman parte desta escolma obras relevantes de: Anxo Angueira, Manuel Curros Enríquez, Suso Díaz, Xoán Carlos Domínguez Alberte, Castor Elices, Henrique Feixó, Celso Emilio Ferreiro, Castor Méndez, Xosé Luís Méndez... Engadir á cesta
Selo Aira Pombais de Allariz 19,95 € 18,95 € O pombal é unha construción arquitectónica popular, aparentemente sinxela e funcional que conserva gran parte da nosa historia. A cria de pombas non só ampliaba o autoconsumo de carne na Galicia tradicional senón que era marca de status social. Este libro recolle os pombais do concello de Allariz, pero vai máis alá dun catálogo. É unha invitación á... Engadir á cesta
Selo Aira Nada do outro mundo 19,95 € 18,95 € Ramón Caride válese do seu inseparable Darío Gancedo para poñer en orde a súa traxectoria narrativa no formato curto dunha forma moi orixinal. Nada do outro mundo é unha antoloxía de quince relatos (un deles inédito) que se acompañan dun comentario crítico e biográfico que converte este libro en rastro e testemuño da ampla traxectoria dun dos autores máis... Engadir á cesta
Selo Aira Agora que cala a noite 17,00 € 16,15 € Voces de mulleres que berran, que se expresan, que se queixan e que se liberan. Voces que lle plantan cara á violencia machista en todas as súas facetas e que reclaman protagonizar as súas propias vidas. Elba Pedrosa tece nos tres relatos que se entrecruzan en Agora que cala a noite unha narración viva, directa e actual. Engadir á cesta
Selo Aira Animais míticos do Camiño de Santiago 16,00 € 15,20 € Sabías que hai animais que habitan unicamente na imaxinación? Durante moitos séculos seres míticos espertaron a fascinación e o arrepío de moitas civilizacións. Aínda hoxe permanecen vivos en relatos e obras de arte. Con este libro coñecerás algunhas destas criaturas fabulosas e por que están relacionadas cos diferentes roteiros cara a Santiago de... Engadir á cesta
Selo Aira Gazafellos 2 16,00 € 15,20 € Prepárate a gazafellar ben gazafellado. Os Gazafellos están de volta e prepararon unha chea de aventuras ben gazafellas. Tami, Fede, Tiago e Mauro coñecerán novas personaxes e vivirán situacións moi divertidas. Desfruta da segunda entrega da exitosa serie de Fon. Engadir á cesta
Selo Aira O relato de Arthur Gordon Pym 19,95 € 18,95 € A única novela que escribiu Edgar Allan Poe é moito máis ca unha historia de aventuras no mar. O autor estadounidense domina as técnicas narrativas, o deseño dos personaxes, a lingua propia do mundo do mar. É un tratado de literatura, de xeografía, de botánica, unha porta aberta a un mundo que parece realista, mais que está atravesado polo fantástico. Engadir á cesta