PREPUBLICACIÓN Selo Aira O ruletista 19,95 € 15,96 € Mircea Cărtărescu condensa neste relato febril a historia dun home que converte a ruleta rusa nun espectáculo público e hipnótico. Unha parábola escura e poética sobre a fama, a morte e a necesidade desesperada de transcendencia, escrita coa materia prima da boa literatura. Unha viaxe alucinada á Bucarest do tempo de Ceaușescu. As ilustracións de Ramón... Engadir á cesta
Selo Aira Gañarás un mar en calma 19,95 € 18,95 € Na casa de Gona, a narradora desta novela, corre unha lenda familiar: Que o bisavó Espiridió recibiu este exótico nome por unha promesa do seu pai tras ser rescatado dun naufraxio nunha illa grega. Cando lle entrega á súa filla esta historia, coma un legado, á súa filla Amália, Gona entende que ten que investigar que hai de verdade nese eco do seu pasado. Engadir á cesta
Selo Aira Suseia 23,90 € 22,71 € Ano 1168: O futuro de Santiago de Compostela como unha das capitais da Cristiandade está en cuestión. O Mestre Mateo recibe a encarga de rematar unha basílica digna de acoller o panteón dos reis de Galicia. A maceta do canteiro converterá a pedra na representación da marabilla da palabra de Deus, pero non hai creador que non sufra as consecuencias da... Engadir á cesta
Selo Aira O libro dos anatemas 19,00 € 18,05 € O primeiro libro de Val Eudoxia abre as carnes do patriarcado, extrae da dor e a opresión materia viva que brilla neste monllo de relatos que abraian e estremecen.«O libro dos anatemas non só denuncia a violencia relixiosa e social exercida sobre as mulleres, senón que a transforma en materia simbólica, en alegoría feroz e en insurrección literaria». Do... Engadir á cesta
Selo Aira Non é unha bonita palabra 16,00 € 15,20 € Algunha vez che apeteceu dicirlle «non» a alguén, mais non quixeches mancalo? Hai veces que queres dicir «non», mais acabas por dicir «si» e sénteste a desgusto? Acompaña a Sia nunha fascinante viaxe na que ha aprender a dicir «non» con seguridade e elegancia. Un libro que axuda a comprender o valor da asertividade, a sermos amables sen ignorar os... Engadir á cesta
Selo Aira Os fabuladores 19,90 € 18,91 € En xaneiro do 1961, un comando de opositores ás ditaduras de Franco en España e de Salazar en Portugal secuestrou en alta mar o transatlántico Santa Maria. Á fronte da operación, dous galegos: Pepe Velo e o comandante Sotomayor, e mais un portugués, o capitán Galvão. Tres figuras hoxe míticas que José Ignacio Carnero converte en personaxes literarios... Engadir á cesta
Selo Aira Ao outro lado do medo 20,90 € 19,86 € Joana toma conta da vida nun momento de cambio que a obriga a equilibrar todos os seus desexos e obrigas. Nai divorciada de dous adolescentes, adáptase ao feito de que o seu ex marido vaia ser pai de novo mentres recorda o breve encontro cun home atractivo e misterioso que vive ao outro lado do océano.Marta Orriols reiventa a novela costumista de... Engadir á cesta
Selo Aira Para entender Palestina. Unha historia visual 21,90 € 20,81 € Unha historia visual para comprender o fracaso da paz en Palestina. Durante máis dun século a cuestión palestina parece unha ecuación de imposible resolución. Por que? Cales son as razóns desta guerra interminable? Segue a ser viable unha solución de dous Estados? É posible a coexistencia entre palestinos e israelís? Baseado en dez anos de estudo e nas... Engadir á cesta
Selo Aira Pintiñas 16,00 € 15,20 € Pintiñas perdeu as súas pintiñas. Coa axuda da clínica Parchís e a súa terapia de cores recuperará aquelas calidades que lle axuden a ser feliz. Engadir á cesta
Selo Aira O Libro dos Monstros 19,95 € 18,95 € Cando o mundo aínda non era unha esfera diáfana, entre as súas sombras agochábanse marabillas e abominacións. A imaxinación humana creou figuras, animais e seres mitolóxicos que nos acompañan desde hai milenios. Nesta obra, escrita en Europa no século VIII por unha man anónima, todas esas criaturas brotan e hoxe en día seguen a abraiar. Ver opcións
Selo Aira Diario do paraíso 19,95 € 18,95 € Iria ten dezaseis anos cando comeza a traballar nun pazo decadente e inabarcable como criada para todo. Ela, e o seu irmán, que é xardineiro, traballan duro para que os misteriosos dona Ana e don Xan poidan sobrevivir. Este é o diario da relación entre todos eles, un diario dun paraíso. Pero os paraísos terreais non duran para sempre. A primeira novela... Engadir á cesta
Selo Aira Comerás flores 19,95 € 18,95 € Un día de festa e verán, Marina queda prendida na mirada dun home e sente como lle aparecen arañiñas na pel. A pesar de que é vinte anos máis vello, a moza atopa nel a parella ideal. Pero axiña descubrirá que unha casa pode gardar dentro de si un inferno. O debú de Lucía Solla Sobral gaña público e admiración día tras día pola súa gran capacidade de... Engadir á cesta
Selo Aira A boca de Krishna 19,95 € 18,95 € Esta é a historia de dous irmáns fascinados polas estrelas desde nenos. Ernesto Estévez hase converter nun astrofísico de sona mundial, investigador de novas galaxias; Clara Estévez convencerase de que aí fóra hai vida extraterrestre que inflúe decisivamente no devir da súa familia. Xosé Ramón Pena volve a ollada cincuenta anos atrás para contarnos a... Engadir á cesta
Selo Aira Ultreia 23,90 € 22,71 € Ano 1117: Compostela é un fervedoiro de peregrinos e conspiracións. A raíña, dona Orraca, intenta afianzar o seu poder entre os nobres e o pobo. O arcebispo, o todopoderoso Diego Xelmírez, contempla como avanzan as obras da nova catedral e intenta aplacar a rebelión que fermenta entre as rúas e a miseria. Esta é a historia de Ilduara, unha nena orfa que... Engadir á cesta
Selo Aira Conventículo 19,00 € 18,05 € A Nena visita a súa media irmá, estudante en Gran Bretaña. Lonxe de Lucián, a vila onde se criaron, ambas atoparán novos vínculos entre si e coas persoas e ambientes que van coñecendo. Unha obra de gran brillo literario na que Eva Moreda demostra os seus dotes para captar a esencia da lingua galega oral e a súa capacidade de innovación expresiva. Engadir á cesta
Selo Aira Ocaso e fascinación 19,00 € 18,05 € A protagonista desta novela está a piques de perder a casa. Está a piques de perder o traballo. Está a piques de perder a súa dignidade como ser humano e a esperanza. Pero a protagonista desta novela vaise resistir a claudicar. Eva Baltasar volve demostrar que a alta literatura pode ollar temas tan actuais coma a crise no acceso á vivenda e o abuso nas... Engadir á cesta
PREPUBLICACIÓN -5,00 € Selo Aira Frankenstein (terceira edición) 30,00 € 35,00 € 28,00 € Considerada a primeira novela de ciencia ficción, a obra de Shelley segue a ser unha obra indispensable, chea de aventuras, intriga e fondas reflexións filosóficas. Acompáñanos nunha viaxe fascinante que comeza cando o capitán Walton rescatan das xeladas augas do Ártico a Victor Frankenstein, quen comeza a contar a súa fabulosa historia. O relato da... Ver opcións
Selo Aira Do amor salgado 16,00 € 15,20 € Do amor salgado, cando se publicou a súa primeira edición no 1997, converteuse nun referente da nova poesía que estaba a escribir unha nova xeración, a dos 90, que rápido se consolidou nas letras contemporáneas. Agora ve a luz a súa segunda edición, revisada e aumentada con dez poemas inéditos até agora. O seu autor, que formou parte do mítico Batallón... Engadir á cesta
Selo Aira Treasure Island 24,90 € 23,66 € Ramón Trigo reinterprets the universe of this undisputed Stevenson classic, transforming it into essential literary matter. The characters, settings, and tone of Treasure Island are etched onto our readers' retinas like luminous wounds. ................................... O artista Ramón Trigo penetra no universo de Robert Louis Stevenson para... Engadir á cesta
Selo Aira Axenda ilustrada Drácula 19,95 € 18,95 € Axenda ilustrada que completa informativamente, con textos inéditos, a experiencia lectora da versión do Drácula escrita por Bram Stoker, traducida ao galego por Gabriel Álvarez Martínez e ilustrada por Miguel Robledo. Engadir á cesta