PREPUBLICACIÓN Selo Aira Todas as noites, todas as cidades 24,90 € 19,92 € 23,66 € Nash Elizondo recibe a noticia de que o famosísimo escritor Benedict Newman é o seu pai. Mentres decide se aceptar ou non a súa invitación a coñecelo, Newman é detido, acusado dun horrible crime que copia exactamente a trama da súa última novela. Un thriller trepidante onde nada é o que parece, onde o imaxinario e o real se entrecruzan. Unha homenaxe aos... Engadir á cesta
Selo Aira O caderno de Rutka 16,00 € 15,20 € En 1943, con apenas catorce anos, Rutka Laskier comeza a escribir un caderno no que deixa constancia da súa vida no gueto xudeu de Bedzin, na Polonia ocupada polos nazis. Entre as páxinas aparecen os seus medos, desexos, amizades, o primeiro amor e as preocupacións propias dunha adolescente, mais asemade a progresiva destrución do mundo que coñece. O que... Engadir á cesta
PREPUBLICACIÓN Selo Aira A gata e outros relatos 25,90 € 20,72 € 24,61 € Unha moza recén casada desafiada polo amor que o seu marido sente por unha gata cartuxa; as reviravoltas dunha adolescente que se nega a admitir o destino que a súa familia planificou para ela; unha noite de delirio e poesía ao redor dunha cama enchoupada onde un cativo derrete coa febre. «A gata», «Gigi» e «O neno doente» son tres dos contos máis... Ver opcións
Selo Aira O elixido 19,00 € 18,05 € Isabelle vive co seu fillo Éli, o elixido, un neno con trastorno do espectro autista severo que apenas pode comunicarse e que terá que vivir nun centro. A súa nai esconxura a rabia e a pena pola separación cunha narración arrebatada, luminosa e violenta que transmite, pura e poderosa, toda a forza dun amor incondicional. Primeira novela de Catherine... Engadir á cesta
Selo Aira Santiago 23,90 € 22,71 € Ano 1589: A Armada de Filipe II contra Inglaterra fracasou. Isabel I encárgalle a Francis Drake a vinganza. Santiago de Compostela está baixo a ameaza de dous reis. Isabel quere reducir a catedral a cinzas; Filipe ansía completar a colección de reliquias de El Escorial cos ósos máis santos. Un antigo soldado e unha falsa noviza terán que loitar para... Engadir á cesta
Selo Pintinclera La libertad que me habita 16,00 € 15,20 € Zahira está a punto de competir en la prueba que puede decidir su futuro. ¿Será la primera triatleta que represente a Marruecos en unos Juegos Olímpicos? Pero la auténtica carrera ha sido llegar hasta allí. La emigración a Galicia, la tensión entre la cultura de sus padres y su nueva vida en Europa. El deporte es su manera de reivindicar un lugar en el... Engadir á cesta
Selo Aira A liberdade que me habita 16,00 € 15,20 € Zahira está a piques de competir na proba que pode decidir o seu futuro. Será a primeira triatleta que represente a Marrocos nuns Xogos Olímpicos? Mais a auténtica carreira foi chegar até alí. A emigración a Galicia, a tensión entre a cultura dos seus pais e a nova vida en Europa. O deporte é a súa maneira de reivindicar un lugar no mundo, o xeito de... Engadir á cesta
Selo Aira O ruletista 19,95 € 18,95 € Mircea Cărtărescu condensa neste relato febril a historia dun home que converte a ruleta rusa nun espectáculo público e hipnótico. Unha parábola escura e poética sobre a fama, a morte e a necesidade desesperada de transcendencia, escrita coa materia prima da boa literatura. Unha viaxe alucinada á Bucarest do tempo de Ceaușescu. As ilustracións de Ramón... Engadir á cesta
Selo Aira Gañarás un mar en calma 19,95 € 18,95 € Na casa de Gona, a narradora desta novela, corre unha lenda familiar: Que o bisavó Espiridió recibiu este exótico nome por unha promesa do seu pai tras ser rescatado dun naufraxio nunha illa grega. Cando lle entrega á súa filla esta historia, coma un legado, á súa filla Amália, Gona entende que ten que investigar que hai de verdade nese eco do seu pasado. Engadir á cesta
Selo Aira Suseia 23,90 € 22,71 € Ano 1168: O futuro de Santiago de Compostela como unha das capitais da Cristiandade está en cuestión. O Mestre Mateo recibe a encarga de rematar unha basílica digna de acoller o panteón dos reis de Galicia. A maceta do canteiro converterá a pedra na representación da marabilla da palabra de Deus, pero non hai creador que non sufra as consecuencias da... Engadir á cesta
Selo Aira O libro dos anatemas 19,00 € 18,05 € O primeiro libro de Val Eudoxia abre as carnes do patriarcado, extrae da dor e a opresión materia viva que brilla neste monllo de relatos que abraian e estremecen.«O libro dos anatemas non só denuncia a violencia relixiosa e social exercida sobre as mulleres, senón que a transforma en materia simbólica, en alegoría feroz e en insurrección literaria». Do... Engadir á cesta
Selo Aira Os fabuladores 19,90 € 18,91 € En xaneiro do 1961, un comando de opositores ás ditaduras de Franco en España e de Salazar en Portugal secuestrou en alta mar o transatlántico Santa Maria. Á fronte da operación, dous galegos: Pepe Velo e o comandante Sotomayor, e mais un portugués, o capitán Galvão. Tres figuras hoxe míticas que José Ignacio Carnero converte en personaxes literarios... Engadir á cesta
Selo Aira Ao outro lado do medo 20,90 € 19,86 € Joana toma conta da vida nun momento de cambio que a obriga a equilibrar todos os seus desexos e obrigas. Nai divorciada de dous adolescentes, adáptase ao feito de que o seu ex marido vaia ser pai de novo mentres recorda o breve encontro cun home atractivo e misterioso que vive ao outro lado do océano.Marta Orriols reinventa a novela costumista de... Engadir á cesta
Selo Aira Diario do paraíso 19,95 € 18,95 € Iria ten dezaseis anos cando comeza a traballar nun pazo decadente e inabarcable como criada para todo. Ela, e o seu irmán, que é xardineiro, traballan duro para que os misteriosos dona Ana e don Xan poidan sobrevivir. Este é o diario da relación entre todos eles, un diario dun paraíso. Pero os paraísos terreais non duran para sempre. A primeira novela... Engadir á cesta
Selo Aira Comerás flores 19,95 € 18,95 € Un día de festa e verán, Marina queda prendida na mirada dun home e sente como lle aparecen arañiñas na pel. A pesar de que é vinte anos máis vello, a moza atopa nel a parella ideal. Pero axiña descubrirá que unha casa pode gardar dentro de si un inferno. O debú de Lucía Solla Sobral gaña público e admiración día tras día pola súa gran capacidade de... Engadir á cesta
Selo Aira A boca de Krishna 19,95 € 18,95 € Esta é a historia de dous irmáns fascinados polas estrelas desde nenos. Ernesto Estévez hase converter nun astrofísico de sona mundial, investigador de novas galaxias; Clara Estévez convencerase de que aí fóra hai vida extraterrestre que inflúe decisivamente no devir da súa familia. Xosé Ramón Pena volve a ollada cincuenta anos atrás para contarnos a... Engadir á cesta
Selo Aira Ultreia 23,90 € 22,71 € Ano 1117: Compostela é un fervedoiro de peregrinos e conspiracións. A raíña, dona Orraca, intenta afianzar o seu poder entre os nobres e o pobo. O arcebispo, o todopoderoso Diego Xelmírez, contempla como avanzan as obras da nova catedral e intenta aplacar a rebelión que fermenta entre as rúas e a miseria. Esta é a historia de Ilduara, unha nena orfa que... Engadir á cesta
Selo Aira Conventículo 19,00 € 18,05 € A Nena visita a súa media irmá, estudante en Gran Bretaña. Lonxe de Lucián, a vila onde se criaron, ambas atoparán novos vínculos entre si e coas persoas e ambientes que van coñecendo. Unha obra de gran brillo literario na que Eva Moreda demostra os seus dotes para captar a esencia da lingua galega oral e a súa capacidade de innovación expresiva. Engadir á cesta
Selo Aira Ocaso e fascinación 19,00 € 18,05 € A protagonista desta novela está a piques de perder a casa. Está a piques de perder o traballo. Está a piques de perder a súa dignidade como ser humano e a esperanza. Pero a protagonista desta novela vaise resistir a claudicar. Eva Baltasar volve demostrar que a alta literatura pode ollar temas tan actuais coma a crise no acceso á vivenda e o abuso nas... Engadir á cesta
Selo Aira Frankenstein (terceira edición) 35,00 € 33,25 € Considerada a primeira novela de ciencia ficción, a obra de Shelley segue a ser unha obra indispensable, chea de aventuras, intriga e fondas reflexións filosóficas. Acompáñanos nunha viaxe fascinante que comeza cando o capitán Walton rescatan das xeladas augas do Ártico a Victor Frankenstein, quen comeza a contar a súa fabulosa historia. O relato da... Ver opcións