Selo Aira Drácula 32,50 € 30,88 € Unha sombra, sepultada durante séculos, esperta na Transilvania. O seu poder maléfico está a piques de estremecer as barulleiras rúas de Londres. Mais un equipo liderado por Mina Harker e Abraham Van Helsing está preparado para enfrontarse ao vampiro entre vampiros. Drácula é unha das obras máis famosas da literatura popular. Adaptada centos de veces ao... Ver opcións
Selo Aira A máis recóndita memoria dos homes 22,90 € 21,76 € PREMIO GONCOURT 2021 Diégane Latyr Faye, escritor senegalés emigrado en París, descobre o mítico libro O labirinto do inhumano, publcado no 1938, que convertera nun maldito o seu autor, T. C. Elimane, polas acusacións de plaxio. Fascinado por el, Faye pescuda o seu rastro a través dos relatos das persoas que o coñeceron e o amaron. Esta novela lese como... Engadir á cesta
Selo Aira O nariz de Cirano e outros nobelos 18,00 € 17,10 € Neste libro de relatos, Bieito Iglesias fai un percorrido a medias nostálxico a medias irónico sobre varios dos grandes temas presentes de sempre na súa literatura: A pegada da doenza e mais da infancia, a lembranza dos seres queridos, o final do mundo tradicional... Gran variedade de personaxes e atmosferas onde conviven o sentido do humor e moita, moita... Engadir á cesta
Selo Aira Penélope tece 17,00 € 16,15 € Penélope tece e lembra. E os fíos do seu recordo cóntannos unha historia onde a nostalxia e a beleza van construíndo un tapiz cheo de cor. María Besteiros toma o mito homérico como punto de partida para compor un poema ilustrado por Bea Gregores. Unha celebración literaria do amor e da resistencia. Engadir á cesta
Selo Aira Tamarindo 18,00 € 17,10 € VI PREMIO DE NOVELA VILAR PONTE 2024 Arquipélago de St. Kitts e Nevis. Un home recupera a liberdade xusto no momento no que a súa memoria empeza a esclarecer que foi del nos últimos anos. Unha treboada está a piques de azoutar as illas e a súa vida. Xavier Queipo recupera un personaxe das súas obras Malaria sentimental e Os kowa nunha obra sobre a... Engadir á cesta
Selo Aira As que non dormen. NASH 22,90 € 21,76 € Na sima de Lagarrea aparece o cadáver de Andrea Dancur, que levaba tres anos desaparecida e por cuxo asasinato cumpría condena Salomé Aduriz, a ex parella da nai da moza asasinada. A doutora Nash Elizondo, chamada polos medios «a psicóloga dos mortos», recibe a encarga de investigar que sucedeu de verdade con Andrea, que sucedeu de verdade no val do... Engadir á cesta
Selo Aira A noite das tartarugas 19,00 € 18,05 € Livia é deportista, fermosa, ten unha familia que a quere e as amigas que toda adolescente desexa. Mais Livia sofre de retinite pigmentosa, unha doenza que lle produce problemas de visión e que vai condicionar a súa vida enteira. Unha historia ás veces doce, ás veces dura, sobre a superación persoal, sobre a adaptación ao mundo real, sobre a ilusión de... Engadir á cesta
Selo Aira Hortensias, camelias, palmeiras 18,00 € 17,10 € Teresa é unha adolescente de Lucián, o trasunto literario dunha vila calquera no norte de Galicia. Teresa é unha boa alumna e forma parte do coro da escola de Música local. Cun estilo envolvente e magnético, Eva Moreda constrúe un universo literario único e inesquecible, unha biografía colectiva dun tempo recente, pero xa pasado, que se evoca con... Engadir á cesta
Selo Aira O emisario submarino 18,00 € 17,10 € A reacción colectiva a un accidente da construción. Unha excursión ao mar unha tarde de tormenta. A lembranza daquel gol de Vicente Celeiro que evitou o descenso do Deportivo. Unha mula desbocada no peirao da Coruña... O debú literario de Félix Longueira está composto por trece relatos onde o ordinario acolle, espera ou esquiva o inesperado. Engadir á cesta
Selo Aira Habitada 19,00 € 18,05 € Manuela é unha moza cunha especial sensibilidade para captar o que non se ve, para comunicarse coas criaturas e enerxías que se refuxian no profundo. Pobre e sometida ás imposicións dos homes, sentirá dentro de si como aflora unha forza descoñecida que mudará a vida dela e a de todos os que a arrodean. Cristina Sánchez-Andrade toma como pretexto a... Engadir á cesta
Selo Aira O bo vasalo 23,90 € 22,71 € Principios do século XII: O Galego é un xeseiro que leva mal as inxustizas. Mais baixo o seu perenne silencio garda un segredo. O segredo do que ocorreu en Valencia tras a conquista do Cide uns anos antes. Francisco Narla recrea un dos episodios máis coñecidos e peor contados da historia medieval: as fazañas dun guerreiro que se enfrontou por igual a... Engadir á cesta
Selo Aira Suite Francesa 29,90 € 28,41 € Verán do 1940. O exército alemán avanza cara a París. A poboación foxe das súas casas na capital e inicia un éxodo por estrada para evitar a guerra. Nese mesmo momento, Irène Némirovsky empeza a escribir a que vai ser a súa magna obra: un fresco coral sobre ese tempo de incerteza e medo. Suite francesa é o testemuño en tempo real da ocupación nazi de... Engadir á cesta
Selo Aira O gran misterio de Bow 18,00 € 17,10 € Aquela mañá a señora Drabdump espertou máis tarde do habitual, pero non foi a única a quen lle quedaron as sabas pegadas. Que raro que o irreprochable Arthur Constant quedase durmido! Esta novela está considerada como unha das primeiras e máis interesantes «novelas de misterio de cuarto pechado». Unha obra chea de humor, personaxes inesquecibles e aceda... Engadir á cesta
Selo Aira A educación dunha marquesa 19,95 € 18,95 € Emily Fox-Seton, de tan boa, parece parva. Malia a súa liñaxe nobre, parece destinada a coidar das vidas de todos os que a arrodean. Mais a súa vida vai cambiar cando coñeza o marqués de Walderhurst, un dos mellores partidos da alta sociedade británica de finais do século XIX. Esta novela retrata unha protagonista inesquecible, chea de bondade e... Engadir á cesta
Selo Aira As nais non 19,00 € 18,05 € Unha nai que —supostamente—afogou na bañeira os seus bebés xemelgos. Unha escritora que no momento de parir o seu primeiro fillo se decata de que coñeceu a —suposta— asasina cando eran mozas. Unha novela moderna,que xoga con mestría coa narración e a reflexión. Katixa Agirre conseguiu un grande éxito internacional con esta obra. Unha visión literaria... Engadir á cesta
Selo Aira Os corpos fráxiles 15,00 € 14,25 € Esta é unha novela sobre a relación entre unha neta e unha avoa. Sobre a descuberta da finitude, da fraxilidade. A primeira novela de Sofía Ruvira busca a literatura nos pequenos detalles e nas emocións universais que levan movendo o mundo desde sempre. Engadir á cesta
Selo Aira Unha voz malévola 19,00 € 18,05 € Este libro recolle sete dos máis importantes relatos de Vernon Lee. Sete historias onde o sobrenatural, o macabro, o misterioso e o abraiante ambientan unha literatura desas que non se esquecen. A autora, gran coñecedora do Pasado e o seu legado (os acontecementos históricos, a arte), usa a erudición para tecer atmosferas e personaxes decadentes, míticos,... Engadir á cesta
Selo Aira Material de construción 19,90 € 18,91 € Esta é unha novela sobre o pai. Sobre a relación entre unha filla escritora e o seu pai alcólico. Sen edulcorantes nin grandilocuencia. Literatura que manca e fascina. Unha obra sobre o amor e a memoria onde o misterio queda pechado dentro dos muros da casa. Eider Rodríguez edifica a súa historia familiar cun estilo actual e preciso. A autora constrúe un... Engadir á cesta
Selo Aira Mamut 10,00 € 9,50 € Unha muller que busca o seu sitio nun mundo no que lle custa atopar acomodo. Unha masía a piques da ruína que se converte no seu refuxio. Unha novela fascinante que converte o aparentemente trivial en alta literatura grazas ao poder da linguaxe. Esta novela pecha a triloxía «Tres corpos salvaxes», coa que Eva Baltasar se converteu nunha das voces máis... Engadir á cesta
Selo Aira Quero escribir literatura 16,00 € 15,20 € Ola. Se escolliches este libro é porque pensaches algunha vez en escribir. Escribir un conto, un poema, se cadra unha novela. Este non é un libro de receitas nin un manual. É unha invitación a deixarse levar polas palabras e as historias. Ver opcións