Selo Aira Tres contos para nenas malas 19,95 € 18,95 € Este libro recolle tres contos que lle dan a volta por completo ao sentido da tradición. As nenas protagonistas demostran grande enxeño e valentía para esquivar os problemas que lles pon diante a vida. O texto de José Ovejero e as ilustracións de Miguel Robledo lévannos a un universo cheo de humor e crítica social sobre temas como o patriarcado, a... Ver opcións
Selo Aira O atallo 18,00 € 17,10 € Finalista do Premio Òmnium á mellor novela do ano 2020. O narrador e protagonista desta novela vainos contando o seu paso da infancia á adolescencia con tal naturalidade que poderiamos lelo por toda a eternidade. É fillo dos criados dos donos dun chalé no Empordá (Catalunya) e para ir á escola en bicicleta usa un atallo á beira dun estanque de parrulos e... Engadir á cesta
Selo Aira Unha gripe cabaluda 16,00 € 15,20 € O inspector Benito Marañao volve ás rúas. Ás rúas desertas do confinamento pola «gripe cabaluda» que se estendeu polo mundo no 2020. Desta volta o retranqueiro policía terá que investigar a misteriosa morte dunha moza de quince anos, nuncaso que non é o que parece. Bieito Iglesias volve enfiar os vimbios da novela negra co relato humorístico nunha obra... Engadir á cesta
Selo Aira Unha mínima infelicidade 19,00 € 18,05 € Annetta, a narradora desta historia, non dá medrado fisicamente por unha enfermidade descoñecida. Pasa a infancia e a xuventude querendo entender a súa nai, a fascinante Sofia Vivier, a persoa máis importante da súa vida, mais tamén a responsable de que na súa existencia sempre pareza flotar no ambiente unha mínima infelicidade. Unha brillante novela,... Engadir á cesta
Selo Aira O segredo das irmás Asorey 22,90 € 21,76 € A proclamación da II República, o 14 de abril do 1931, coincide coa morte do prestixioso doutor Asorey en Santiago de Compostela e co asasinato da lavandeira que se ocupaba de facer a bogada na casa del. A incerteza do tempo histórico e o medo das súas catro fillas, que vivían con el, vainas obrigar a tomar unha decisión que condicionará as súas vidas... Engadir á cesta
Selo Aira A boca da sombra 16,00 € 15,20 € Alguén está a matar as prostitutas de Putown. O medo esténdese polas súas rúas porque na cidade son elas as que gobernan, as que tomaron conta do propio corpo para que non se lucre del máis ninguén. Unha novela desacougante e moi orixinal que utiliza os mecanismos do terror, da poesía e o humor para compoñer un universo inesquecible. Emma Pedreira pon... Engadir á cesta
Selo Aira Os inocentes 22,90 € 21,76 € A tenente Valentina Redondo está a piques de casar co seu grande amor, o tenro e divertido Oliver Gordon. Mais en troques de preparar o casamento, a oficial máis afouta da Policía Xudicial terá que enfrontarse ao caso máis estraño da súa carreira. Varias persoas morren, aparentemente envelenadas, durante un encontro de lecer de varios empresarios no... Engadir á cesta
Selo Aira De novo centauro 19,95 € 18,95 € Nun futuro indefinido, pero moi próximo, a realidade virtual-aumentada está no seu apoxeo. Paula é unha das máis brillantes profesionais da creación de contidos para ese multiverso ao que se accede cunhas lentes especiais, as OFtal. A súa percepción sobre as vivencias que experimenta no mundo real e nese novo mundo creado mudará cando viaxa a París para... Engadir á cesta
Selo Aira A dama de branco 45,00 € 42,75 € A vida do profesor de debuxo Walter Hartight cambia para sempre cando viaxa de Londres até Cumberland para darlles clases a Laura Fairlie e Marian Halcombe. A casualidade farao partícipe dun misterio do pasado que marcará o seu presente. Unha das grandes novelas populares do século XIX, éxito absoluto desde a súa publicación, con tintes de novela... Engadir á cesta
Selo Aira Pollyanna 19,00 € 18,05 € Pollyanna é unha nena orfa que da noite para a mañá debe mudar por completo de vida. A súa tía Polly é calada e moi seria e irrítase co bo humor, a fantasía e o «xogo» da súa sobriña. Pero en que consiste o «xogo»? En verlle o lado bo a todas as cousas, incluso a aquelas que parecen negativas de todo. Un clásico da literatura infantil cheo de tenrura,... Engadir á cesta
Selo Aira O Libro das Marabillas 19,95 € 18,95 € Setecentos anos despois, esta obra de Marco Polo segue fascinando porque nos transporta a un mundo real que parece mítico, a un continente cheo de contrastes, riquísimo en diversidade cultural, natural e xeográfica, berce de civilizacións onde a destrución e o luxo máis refinado conviven. O Libro das Marabillas é un manual para mercadores, escrito con... Engadir á cesta
Selo Aira O espertar 19,00 € 18,05 € Edna Pontellier vive un matrimonio cómodo, mais anódino, en Nova Orleans, no século XIX. Aínda que se leva ben co marido, a presenza dun atractivo amigo da familia e a calor do verán á beira do golfo de México van transformar o seu xeito de ver a vida para sempre. O espertar, de Kate Chopin, escrita no 1899, lese no noso tempo coma se se acabase de... Engadir á cesta
Selo Aira O emperador de Portugalia 19,95 € 18,95 € O vello Jan nunca pensou en ter unha filla e a noticia incomodouno. Mais a primeira vez que colle no colo a súa meniña vaille cambiar a vida. Tan pobre como é, o amor da súa filla parécelle un tesouro. Cando ela teña que marchar para gañar diñeiro co que evitar o desafiuzamento dos pais, Jan creará unha fantasía para fuxir da dura realidade da separación... Engadir á cesta
Selo Aira Boulder 10,00 € 9,50 € PREMIO ÒMNIUM Á MELLOR NOVELA DO ANO 2020 Á protagonista desta novela a súa moza chámalle Boulder, coma eses cons illados que aturan os vagallóns chantados no medio dos océanos. Mais que ocorrerá con esa muller que foxe de todo e de todos na procura da súa liberdade plena cando sinta que o amor está a piques de mudala para sempre? Nesta obra Eva... Engadir á cesta
Selo Aira Breo. O celta que desafiou a Roma 23,90 € 22,71 € Breo é só un neno cando un ataque a traizón arrasa o castro de Lagouzos onde era xefe o seu pai. El foi o único que se salvou. Os que non morreron foron escravizados nas inmensas minas de ouro que alimentan os delirantes soños do emperador Nerón. O Imperio Romano chegou a Gallaecia disque para edificar pontes e calzadas, mais tamén a destrución: da terra... Engadir á cesta
Selo Aira Os estraños 10,00 € 9,50 € PREMIO ÒMNIUM 2017 Un mozo prusiano de boa familia e coa cabeza máis na música ca no mundo real, chega no ano 1837 a Solsona, en Catalunya, para loitar a prol do pretendente Carlos de Borbón, a prol da Orde na guerra contra o liberalismo da raíña María Cristina. Mais nada do que atopa é como el pensaba, e en vez da mística bélica vai atopar a amizade, a... Engadir á cesta
Selo Aira A estirpe do arcanxo 19,95 € 18,95 € Maia ten dezasete anos, adora os libros antigos e sempre anda á pelexa coa súa melena loura e riza. A súa vida vai mudar cando descobre que está a nacer nela un novo e descoñecido poder. Novas figuras e forzas ancestrais porán a proba a súa resistencia e o seu corazón. Novela xuvenil de fantasía cotiá, protagonizada por unha personaxe inesquecible. Chea... Engadir á cesta
Selo Aira A inmoral doutora Cons 22,90 € 21,76 € XLI Premio Blanco-Amor de Novela 2022. O Golpe, xa ancián, recorda a súa adolescencia, na década do 1940 en Pazos de Arenteiro. O tempo que compartiu coa doutora África Cons cando ela chegou para cubrir unha vacante de médica e tivo que enfrontarse á hostilidade das forzas vivas do lugar. Retrato vívido dunha época da Galicia rural que xa se extinguiu.... Engadir á cesta
Selo Aira A parte dos anxos 19,95 € 18,95 € Belas criaturas no transo da morte. Humor e terror abrazados nun melancólico tango. Esta colección de relatos de Emma Pedreira e Carlos Lago detense no derradeiro alento para converter o inesperado, o incómodo e o arrepiante en literatura, en beleza. Engadir á cesta
Selo Aira Nada do outro mundo 19,95 € 18,95 € Ramón Caride válese do seu inseparable Darío Gancedo para poñer en orde a súa traxectoria narrativa no formato curto dunha forma moi orixinal. Nada do outro mundo é unha antoloxía de quince relatos (un deles inédito) que se acompañan dun comentario crítico e biográfico que converte este libro en rastro e testemuño da ampla traxectoria dun dos autores máis... Engadir á cesta