Selo Aira A posibilidade de chamarlle casa 19,95 € 18,95 € Tina, veterana correspondente de televisión no Líbano, decide volver á casa, en Catalunya, logo dunha crise persoal. A volta ao ámbito familiar, onde a esperan unha nai distante, unha irmá perfeccionista e un pai que empeza a sufrir os danos da demencia, será máis difícil do agardado. A nostalxia por dous amores que a rodean tampouco axudarán a empezar de... Engadir á cesta
Selo Aira Tritón 16,00 € 15,20 € B., unha limpadora que vive ao carón do mar da Coruña, empeza a recibir visitas dunha criatura do mar, silenciosa e sedutora, coa que deixa que se manifesten os seus máis escuros instintos. Nemo, ou Tritón, tamén coñecerá a Domingos, un veterano pescador que garda na memoria todas as historias do océano. Novela poética e moi persoal dunha das grandes... Engadir á cesta
Selo Aira O atallo 18,00 € 17,10 € Finalista do Premio Òmnium á mellor novela do ano 2020. O narrador e protagonista desta novela vainos contando o seu paso da infancia á adolescencia con tal naturalidade que poderiamos lelo por toda a eternidade. É fillo dos criados dos donos dun chalé no Empordá (Catalunya) e para ir á escola en bicicleta usa un atallo á beira dun estanque de parrulos e... Engadir á cesta
Selo Aira Unha mínima infelicidade 19,00 € 18,05 € Annetta, a narradora desta historia, non dá medrado fisicamente por unha enfermidade descoñecida. Pasa a infancia e a xuventude querendo entender a súa nai, a fascinante Sofia Vivier, a persoa máis importante da súa vida, mais tamén a responsable de que na súa existencia sempre pareza flotar no ambiente unha mínima infelicidade. Unha brillante novela,... Engadir á cesta
Selo Aira A boca da sombra 16,00 € 15,20 € Alguén está a matar as prostitutas de Putown. O medo esténdese polas súas rúas porque na cidade son elas as que gobernan, as que tomaron conta do propio corpo para que non se lucre del máis ninguén. Unha novela desacougante e moi orixinal que utiliza os mecanismos do terror, da poesía e o humor para compoñer un universo inesquecible. Emma Pedreira pon... Engadir á cesta
Selo Aira De novo centauro 19,95 € 18,95 € Nun futuro indefinido, pero moi próximo, a realidade virtual-aumentada está no seu apoxeo. Paula é unha das máis brillantes profesionais da creación de contidos para ese multiverso ao que se accede cunhas lentes especiais, as OFtal. A súa percepción sobre as vivencias que experimenta no mundo real e nese novo mundo creado mudará cando viaxa a París para... Engadir á cesta
Selo Aira Boulder 10,00 € 9,50 € PREMIO ÒMNIUM Á MELLOR NOVELA DO ANO 2020 Á protagonista desta novela a súa moza chámalle Boulder, coma eses cons illados que aturan os vagallóns chantados no medio dos océanos. Mais que ocorrerá con esa muller que foxe de todo e de todos na procura da súa liberdade plena cando sinta que o amor está a piques de mudala para sempre? Nesta obra Eva... Engadir á cesta
Selo Aira Os estraños 10,00 € 9,50 € PREMIO ÒMNIUM 2017 Un mozo prusiano de boa familia e coa cabeza máis na música ca no mundo real, chega no ano 1837 a Solsona, en Catalunya, para loitar a prol do pretendente Carlos de Borbón, a prol da Orde na guerra contra o liberalismo da raíña María Cristina. Mais nada do que atopa é como el pensaba, e en vez da mística bélica vai atopar a amizade, a... Engadir á cesta
Selo Aira A inmoral doutora Cons 22,90 € 21,76 € XLI Premio Blanco-Amor de Novela 2022. O Golpe, xa ancián, recorda a súa adolescencia, na década do 1940 en Pazos de Arenteiro. O tempo que compartiu coa doutora África Cons cando ela chegou para cubrir unha vacante de médica e tivo que enfrontarse á hostilidade das forzas vivas do lugar. Retrato vívido dunha época da Galicia rural que xa se extinguiu.... Engadir á cesta
Selo Aira Nada do outro mundo 19,95 € 18,95 € Ramón Caride válese do seu inseparable Darío Gancedo para poñer en orde a súa traxectoria narrativa no formato curto dunha forma moi orixinal. Nada do outro mundo é unha antoloxía de quince relatos (un deles inédito) que se acompañan dun comentario crítico e biográfico que converte este libro en rastro e testemuño da ampla traxectoria dun dos autores máis... Engadir á cesta
Selo Aira Agora que cala a noite 17,00 € 16,15 € Voces de mulleres que berran, que se expresan, que se queixan e que se liberan. Voces que lle plantan cara á violencia machista en todas as súas facetas e que reclaman protagonizar as súas propias vidas. Elba Pedrosa tece nos tres relatos que se entrecruzan en Agora que cala a noite unha narración viva, directa e actual. Engadir á cesta
Selo Aira Aprende a falar coas plantas 19,95 € 18,95 € Premio Òmnium á mellor novela do ano 2018 Esta historia comeza o día que Paula Cid, unha neonatóloga de corenta e dous anos, perde a parella nun accident e de tráfico, só unhas horas despois de que el lle comunicara que estaba namorado doutra muller e ía marchar da casa. Paula non só terá que superar o dó, senón tamén o rancor. Aprender a falar coas... Engadir á cesta
Selo Aira Soños eléctricos 16,00 € 15,20 € No futuro viviremos en cidades verticais, estratificadas por clases sociais en niveis que ou ben soben até o ceo ou se perden nas catacumbas dos sotos. Cidades protexidas por campás do sol, arrodeadas por un deserto letal. Nese futuro viviu Stevo Dádik, o protagonista desta novela de ciencia ficción clásica que gañou o Premio Blanco Amor de novela no... Engadir á cesta
Selo Aira O paso do Noroeste 9,95 € 9,45 € EDICIÓN CONMEMORATIVA DO XXV ANIVERSARIO DA PUBLICACIÓN Nas vésperas da Revolución francesa, a finais do século XVIII, a nave L’Épée parte da Bretaña coa misión de atopar unha vía segura que conecte o Atlántico e o Pacífico a través do Ártico occidental. Ao mando da expedición vai o capitán Duchesnoy, acompañado polo naturalista e científico Mirabeau.... Engadir á cesta
Selo Aira A parte queimada. Stalin & Robespierre 9,00 € 8,55 € Por que as revolucións francesa e rusa acabaron converténdose en traxedias nas que os seus protagonistas acabaron matándose entre si? Esta é a pregunta que se fai o autor nesta novela construída a medias como un ensaio a medias como unha novela de intriga. A través dos textos, especialmente os literarios, viaxamos a eses dous momentos nos que abaneou a... Engadir á cesta
Selo Aira Para toda a vida 16,00 € 15,20 € Logo de varios anos emigrada no Reino Unido, e tras un revés da vida, Paula decide regresar á casa natal e intentar empezar de cero. Mudará a docencia e a investigación universitaria por un obradoiro de instrumentos musicais artesáns. Situada nesa idade na que se afasta a provisionalidade da xuventude, deberá pensar se paga a pena intentar vivir esas... Engadir á cesta
Selo Aira Déixate de ódegas 16,00 € 15,20 € 3ª IMPRESIÓN Un retrato da Galicia rural que xa esmoreceu a través dos ollos dun neno. Os traballos, os costumes, os medos e os anceios de toda unha xeración que tivo que deixar a casa natal e a vida que os seus devanceiros levaran durante séculos para buscar outro futuro. Un relato vitalista máis que saudoso que nos leva de novo á raíz da alegría da... Engadir á cesta
DESCATALOGADO Selo Aira Delirios de pracer 9,00 € 6,75 € Sara convive cun marido impotente. Ten case setenta anos e mégase a ter que renunciar ao sexo. Decide contratar un masaxista erótico. Cando coñece a Cristian, un emigrante arxentino, a súa vida mudará para sempre. A relación entre ambos, aparentemente de comenencia, irá facéndose cada vez máis importante para unha muller que descobre de novo o seu corpo... Engadir á cesta
DESCATALOGADO Selo Aira Guías caninos 9,00 € 6,75 € Bieito Iglesias retorna ao universo da súa popular obra Miss Ourense. Con moita retranca e un dominio absoluto das técnicas narrativas do xénero, o autor constrúe unha novela negra, que non policial, áxil e chea de humor. O inspector de policía Benito Marañao ten a misión de desenguedellar o misterio da desaparición dunha muller que ten na brasa a... Engadir á cesta