Selo Aira O gran misterio de Bow 18,00 € 17,10 € Aquela mañá a señora Drabdump espertou máis tarde do habitual, pero non foi a única a quen lle quedaron as sabas pegadas. Que raro que o irreprochable Arthur Constant quedase durmido! Esta novela está considerada como unha das primeiras e máis interesantes «novelas de misterio de cuarto pechado». Unha obra chea de humor, personaxes inesquecibles e aceda... Engadir á cesta
Selo Aira A educación dunha marquesa 19,95 € 18,95 € Emily Fox-Seton, de tan boa, parece parva. Malia a súa liñaxe nobre, parece destinada a coidar das vidas de todos os que a arrodean. Mais a súa vida vai cambiar cando coñeza o marqués de Walderhurst, un dos mellores partidos da alta sociedade británica de finais do século XIX. Esta novela retrata unha protagonista inesquecible, chea de bondade e... Engadir á cesta
Selo Aira Unha voz malévola 19,00 € 18,05 € Este libro recolle sete dos máis importantes relatos de Vernon Lee. Sete historias onde o sobrenatural, o macabro, o misterioso e o abraiante ambientan unha literatura desas que non se esquecen. A autora, gran coñecedora do Pasado e o seu legado (os acontecementos históricos, a arte), usa a erudición para tecer atmosferas e personaxes decadentes, míticos,... Engadir á cesta
Selo Aira Pollyanna 18,00 € 17,10 € Pollyanna é unha nena orfa que da noite para a mañá debe mudar por completo de vida. A súa tía Polly é calada e moi seria e irrítase co bo humor, a fantasía e o «xogo» da súa sobriña. Pero en que consiste o «xogo»? En verlle o lado bo a todas as cousas, incluso a aquelas que parecen negativas de todo. Un clásico da literatura infantil cheo de tenrura,... Engadir á cesta
Selo Aira O Libro das Marabillas 19,95 € 18,95 € Setecentos anos despois, esta obra de Marco Polo segue fascinando porque nos transporta a un mundo real que parece mítico, a un continente cheo de contrastes, riquísimo en diversidade cultural, natural e xeográfica, berce de civilizacións onde a destrución e o luxo máis refinado conviven. O Libro das Marabillas é un manual para mercadores, escrito con... Engadir á cesta
Selo Aira O espertar 18,00 € 17,10 € Edna Pontellier vive un matrimonio cómodo, mais anódino, en Nova Orleans, no século XIX. Aínda que se leva ben co marido, a presenza dun atractivo amigo da familia e a calor do verán á beira do golfo de México van transformar o seu xeito de ver a vida para sempre. O espertar, de Kate Chopin, escrita no 1899, lese no noso tempo coma se se acabase de... Engadir á cesta
Selo Aira O emperador de Portugalia 19,95 € 18,95 € O vello Jan nunca pensou en ter unha filla e a noticia incomodouno. Mais a primeira vez que colle no colo a súa meniña vaille cambiar a vida. Tan pobre como é, o amor da súa filla parécelle un tesouro. Cando ela teña que marchar para gañar diñeiro co que evitar o desafiuzamento dos pais, Jan creará unha fantasía para fuxir da dura realidade da separación... Engadir á cesta
Selo Aira Poesía completa anotada 19,00 € 18,05 € Os poemas de Konstandinos Kavafis están considerados entre os máis fermosos nunca escritos. A capacidade de evocar tempos pasados xunto coa precisa ollada sobre os grandes temas da Humanidade continúa atraendo admiradores, especialmente entre o lectorado máis novo. Por primeira en vez en galego publícase a súa Poesía completa anotada con detalles e... Engadir á cesta
Selo Aira O misterio do cuarto amarelo 18,00 € 17,10 € No castelo do Glandier produciuse un suceso imposible. A señorita Stangerson sufriu un desapiadado ataque dun enmascarado, a pesar de que estaba pechada na súa alcoba. Como foi posible que entrase e saíse un criminal? Este enigma aparentemente insondable atrae a atención do xornalista Rouletabille, que sabe como facer traballar «o lado correcto do seu... Engadir á cesta
Selo Aira Frankenstein (segunda edición) 17,00 € 16,15 € Subtitulado O Prometeo Moderno. Versión inédita en galego da edición do 1818 (considerada canónica) deste clásico da literatura inglesa. Traducido por Samuel Solleiro. Considerada a primeira novela de ciencia ficción, a obra de Shelley segue a ser indispensable, chea de aventuras, intriga e fondas reflexións filosóficas. Acompáñanos nunha viaxe fascinante... Engadir á cesta
Selo Aira O nome da rosa 29,00 € 27,55 € Por fin en galego a obra mestra de Umberto Eco. A novela detectivesca medieval que engaiola lectores desde o 1980. Guillerme de Baskerville e Adso falan coma nós nesta marabillosa aventura sobre libros, crimes e as marabillas da Europa medieval. Corre o mes de novembro do 1327. Dous viaxeiros chegan á máis famosa abadía beneditina do norte de Italia no... Engadir á cesta
Selo Aira O xardín secreto 17,00 € 16,15 € Mary Lennox é unha nena orfa que se ten que mudar á mansión do seu tío, en Yorkshire, ao norte de Inglaterra, un territorio dominado pola natureza indómita do páramo. Afeita a mandaricar, grazas á sua criada Martha e ao xardineiro Ben Weatherstaff descubrirá os beneficios do aire puro, a natureza e, sobre todo, os xardíns. O día que descubra unha chave... Engadir á cesta
Selo Aira Xa vai o Griffon no vento 9,95 € 9,45 € EDICIÓN COMEMORATIVA DO XXXV ANIVERSARIO DA PUBLICACIÓN Durante o reinado de Filipe II de Habsburgo, na década do 1580, chega a Compostela o novo Inquisidor, coa misión de rematar co contrabando de libros prohibidos. Na década do 1980, un escritor en crise dá clases de Literatura en Aix-en-Provence, Francia, buscando algunha idea para unha nova novela.... Engadir á cesta