PREPUBLICACIÓN Selo Aira Ultreia 23,90 € 19,12 € Ano 1117: Compostela é un fervedoiro de peregrinos e conspiracións. A raíña, dona Orraca, intenta afianzar o seu poder entre os nobres e o pobo. O arcebispo, o todopoderoso Diego Xelmírez, contempla como avanzan as obras da nova catedral e intenta aplacar a rebelión que fermenta entre as rúas e a miseria. Esta é a historia de Ilduara, unha nena orfa... Engadir á cesta
Selo Aira O bo vasalo 23,90 € 22,71 € Principios do século XII: O Galego é un xeseiro que leva mal as inxustizas. Mais baixo o seu perenne silencio garda un segredo. O segredo do que ocorreu en Valencia tras a conquista do Cide uns anos antes. Francisco Narla recrea un dos episodios máis coñecidos e peor contados da historia medieval: as fazañas dun guerreiro que se enfrontou por igual a... Engadir á cesta
Selo Aira As fillas da criada 22,90 € 21,76 € Febreiro do ano 1900. No pazo do Espírito Santo, en Punta do Bico, á beira do Atlántico, á vista das illas Cíes, nacen ao mesmo tempo dúas nenas: Catalina e Clara, fillas de dona Inés, a señora, e de Renata, a criada, respectivamente. Os pecados dos pais marcarán as súas vidas, testemuñas do convulso século. Unha saga familiar sobre a rebeldía das... Engadir á cesta
Selo Aira Onde ouvean os montes 19,95 € 18,95 € Esta é a historia dun amor e dunha vinganza. Unha historia sobre o poder e sobre o imposible. Unha historia sobre a fin da República de Roma desde un punto de vista moi orixinal. Francisco Narla demostra de novo a súa gran capacidade narrativa nesta novela de aventuras onde a pulsión da natureza se enfronta á ruindade humana. Cazadores e presas nun relato... Engadir á cesta
Selo Aira O segredo das irmás Asorey 22,90 € 21,76 € A proclamación da II República, o 14 de abril do 1931, coincide coa morte do prestixioso doutor Asorey en Santiago de Compostela e co asasinato da lavandeira que se ocupaba de facer a bogada na casa del. A incerteza do tempo histórico e o medo das súas catro fillas, que vivían con el, vainas obrigar a tomar unha decisión que condicionará as súas vidas... Engadir á cesta
Selo Aira Breo. O celta que desafiou a Roma 23,90 € 22,71 € Breo é só un neno cando un ataque a traizón arrasa o castro de Lagouzos onde era xefe o seu pai. El foi o único que se salvou. Os que non morreron foron escravizados nas inmensas minas de ouro que alimentan os delirantes soños do emperador Nerón. O Imperio Romano chegou a Gallaecia disque para edificar pontes e calzadas, mais tamén a destrución: da terra... Engadir á cesta
Selo Aira Os estraños 10,00 € 9,50 € PREMIO ÒMNIUM 2017 Un mozo prusiano de boa familia e coa cabeza máis na música ca no mundo real, chega no ano 1837 a Solsona, en Catalunya, para loitar a prol do pretendente Carlos de Borbón, a prol da Orde na guerra contra o liberalismo da raíña María Cristina. Mais nada do que atopa é como el pensaba, e en vez da mística bélica vai atopar a amizade, a... Engadir á cesta
Selo Aira A inmoral doutora Cons 22,90 € 21,76 € XLI Premio Blanco-Amor de Novela 2022. O Golpe, xa ancián, recorda a súa adolescencia, na década do 1940 en Pazos de Arenteiro. O tempo que compartiu coa doutora África Cons cando ela chegou para cubrir unha vacante de médica e tivo que enfrontarse á hostilidade das forzas vivas do lugar. Retrato vívido dunha época da Galicia rural que xa se extinguiu.... Engadir á cesta
Selo Aira O nome da rosa 29,00 € 27,55 € Por fin en galego a obra mestra de Umberto Eco. A novela detectivesca medieval que engaiola lectores desde o 1980. Guillerme de Baskerville e Adso falan coma nós nesta marabillosa aventura sobre libros, crimes e as marabillas da Europa medieval. Corre o mes de novembro do 1327. Dous viaxeiros chegan á máis famosa abadía beneditina do norte de Italia no... Engadir á cesta
Selo Aira O paso do Noroeste 9,95 € 9,45 € EDICIÓN CONMEMORATIVA DO XXV ANIVERSARIO DA PUBLICACIÓN Nas vésperas da Revolución francesa, a finais do século XVIII, a nave L’Épée parte da Bretaña coa misión de atopar unha vía segura que conecte o Atlántico e o Pacífico a través do Ártico occidental. Ao mando da expedición vai o capitán Duchesnoy, acompañado polo naturalista e científico Mirabeau.... Engadir á cesta
Selo Aira Xa vai o Griffon no vento 9,95 € 9,45 € EDICIÓN COMEMORATIVA DO XXXV ANIVERSARIO DA PUBLICACIÓN Durante o reinado de Filipe II de Habsburgo, na década do 1580, chega a Compostela o novo Inquisidor, coa misión de rematar co contrabando de libros prohibidos. Na década do 1980, un escritor en crise dá clases de Literatura en Aix-en-Provence, Francia, buscando algunha idea para unha nova novela.... Engadir á cesta
Selo Aira O souto dos catro ventos 22,90 € 21,76 € 7ª IMPRESIÓN No evocador souto dos catro ventos do antigo mosteiro de Santo Estevo de Ribas de Sil aparece morto un home vestido como un monxe bieito. Como é posible, se os frades abandonaron aquel lugar no século XIX? Jon Bécquer, un detective de obras de arte que está a descubrir as marabillas da Ribeira Sacra, tomará moi a peito descubrir que hai de... Engadir á cesta