Selo Aira Do amor salgado 16,00 € 15,20 € Do amor salgado, cando se publicou a súa primeira edición no 1997, converteuse nun referente da nova poesía que estaba a escribir unha nova xeración, a dos 90, que rápido se consolidou nas letras contemporáneas. Agora ve a luz a súa segunda edición, revisada e aumentada con dez poemas inéditos até agora. O seu autor, que formou parte do mítico Batallón... Engadir á cesta
Selo Aira O segredo do trasno 18,00 € 17,10 € A descuberta dun novo territorio sempre é a descuberta dun novo mundo. Atopar novas xentes e novas paisaxes fainos reverdecer os vellos vínculos cos nosos. Desa fascinación toma este libro de poemas a súa materia prima. Novo título da colección Valilongo de poesía que Aira coedita coa Fundación Insua dos Poetas. Engadir á cesta
Selo Aira Os oito mitos de Palermo 14,00 € 13,30 € Que nos evocan o nome das cidades míticas? Como se filtran no noso subconsciente as experiencias que vivimos? Como gobernan a nosa rutina os soños que nos fascinan? Este libro de poemas combina potentes imaxes visuais e un vertixinoso ritmo. Unha ferida literaria profunda. A obra que consolida a Antonio Seijas como autor literario. Engadir á cesta
Selo Aira Antoloxía esencial 18,00 € 17,10 € A poesía de Arcadio López-Casanova estivo sempre na vangarda da literatura galega da segunda metade do século xx (versalitas) e do xxi. Combinou o seu dominio da métrica, do ritmo e dos recursos líricos cun profundo coñecemento das posibilidades expresivas da lingua. Esta Antoloxía esencial é tamén unha reivindicación do seu legado. Unha oportunidade para... Engadir á cesta
Selo Aira As alas da serpe 16,00 € 15,20 € As alas da serpe é un conxunto de poemas sobre a experiencia, a lembranza e a fascinación. Unha ollada cálida que converte o exótico en familiar, que repara no que ninguén ve ou pretende ignorar. A celebración dun encontro talvez imprevisto talvez predestinado entre xeitos de abrazarse á vida que parecen moi distantes só na aparencia xeográfica. Engadir á cesta
Selo Aira Aires de poesía 10,00 € 9,50 € A Terra de Celanova é berce e refuxio de grandes poetas. Esta antoloxía reúne e fai cómplices entres si unha boa presada deles e delas. Forman parte desta escolma obras relevantes de: Anxo Angueira, Manuel Curros Enríquez, Suso Díaz, Xoán Carlos Domínguez Alberte, Castor Elices, Henrique Feixó, Celso Emilio Ferreiro, Castor Méndez, Xosé Luís Méndez... Engadir á cesta
Selo Aira Teorías do fin 14,00 € 13,30 € XXXVII PREMIO DE POESÍA CIDADE DE OURENSE Dámosche a benvida ao final do mundo que coñeces. Non á fin senón ao fin, porque a nova fase que virá terá o seu particular propósito, as súas propias arelas e soños.Antonio Seijas debuta como poeta con este libro no que amosa unha gran capacidade para crear imaxes e ambientes que superan a mirada cotiá sobre o... Engadir á cesta
Selo Aira Poesía completa anotada 19,00 € 18,05 € Os poemas de Konstandinos Kavafis están considerados entre os máis fermosos nunca escritos. A capacidade de evocar tempos pasados xunto coa precisa ollada sobre os grandes temas da Humanidade continúa atraendo admiradores, especialmente entre o lectorado máis novo. Por primeira en vez en galego publícase a súa Poesía completa anotada con detalles e... Engadir á cesta
Selo Aira 21 poetas do século XXI 9,00 € 8,55 € Carlos Da Aira selecciona poemas de Zaira Ferradás, Sara Sanz, Sara Faro, Juan Carlos Rocamonde, Antía Balvís, Clara Blanco, Jorge Moral, Lucas Gago, Fabián Niño, Lorena Fernández, Isolda Comesaña, Ángela del Canto, Lois Xosé Gayoso, Silvia García, Nee Barros, Andy da Fonte, Ana Fraile Somoza, Paula Varela, Noé González, Mariña Maceiras e Rosalía... Engadir á cesta
Selo Aira As puntas da louza 14,00 € 13,30 € Este libro é unha homenaxe ás mans que traballan e ás que traballan coas mans. Unha ferramenta contra a opresión que se dá por evidente, que se acepta sen protestar. Un berro, unha cantiga, unha oración para esconxurar o poder da Máquina, para convocar a Liberación. Premio de Poesía Cidade de Ourense 2020. Forma parte da colección ‘Fina Rei’ de poesía... Engadir á cesta
Selo Aira Álbum 14,00 € 13,30 € PREMIO CIDADE DE OURENSE DE POESÍA 2019 Que comunica unha fotografía? Que nos evoca unha imaxe instantánea dun intre que xa pasou? Charo Lopes constrúe en Álbum algo máis ca unha colección de momentos mediante a linguaxe da poesía. Esta obra é tamén unha ollada crítica ao tempo de hoxe, ás contradicións dun sistema sustentado na violencia estrutural e... Engadir á cesta
Selo Aira Macedonia de versos 16,00 € 15,20 € PREMIO FREI MARTÍN SARMIENTO 2019 NA CATEGORÍA DE 1º E 2º DE ENSINO PRIMARIO Libro de poesía infantil ao redor do mundo das froitas. Os e as lectoras poden ir descubrindo a riqueza froiteira de Galicia mediante versos e unhas ilustracións evocadoras e moi divertidas. Este libro amais de lírico é informativo xa que permite que as crianzas aprendan os nomes... Engadir á cesta
Selo Aira Curiosidade 16,00 € 15,20 € 5ª IMPRESIÓN A poeta observa o mundo. A poeta esculca co ollo apegado ao telescopio os misterios do universo. A poeta contempla a través do microscopio a harmonía e o caos das moléculas. A poeta mira e escribe. Estíbaliz Espinosa proponnos en Curiosidade que cambiemos o punto de vista sobre as cousas para encontrar unha nova ollada. A relación entre... Engadir á cesta