kavafis

Konstandinos Kavafis

Naceu e morreu en Alexandría (1863-1933). Fillo de gregos, asistiu ao derrubamento do Imperio Otomano. De pequeno viviu tamén en Liverpool, tras a morte de seu pai. Pero con vinte e dous anos voltou a Exipto e xa nunca máis abandonaría a súa cidade natal. Está considerado un dos grandes poetas do século XX. A súa obra xa foi famosa en vida del, e el mesmo a editaba en primorosos libros e cartapacios artesanais. Dous foron os seus grandes temas: a reivindicación a través da literatura do vasto legado cultural grego ao longo dos séculos, e o amor, no seu caso un amor homosexual que sempre levou con discreción. Ler máis...

Italiaanse schrijver Umberto Eco kop Bestanddeelnr 932 9758

Umberto Eco

 (Alessandria, 1932-Milán, 2016).  Filósofo, medievalista, semiólogo, comunicólogo e escritor. É autor de ensaios sobre os temas que máis estudou, de gran proxección mundial e influencia académica, caso de Apocalípticos e integrados (1964), Kant e o ornitorrinco (1997), Cinco escritos morais (1998), Historia da beleza (2004), ou Historia da fealdade (2007), entre outros. Os seus libros de ficción foron todos eles inmediatos éxitos de vendas en todo o mundo: O nome da rosa (1980), co que gañou ao ano seguinte o Premio Strega; O péndulo de Foucault (1988); A illa do día de antes (1994); Baudolino (2000); A misteriosa chama da raíña Loana (2004); O cemiterio de Praga (2010) e Número cero (2015).O nome da rosa é a primeira das súas novelas traducida ao galego. Ler máis...

johanna spyri heidi

Johanna Spyri

Naceu en Hirzel, unha aldea das montañas próxima a Zürich, no 1827. O seu nome de solteira era Johanna Louise Heusser. Padeceu unha fonda depresión durante a súa xuventude, que se estendeu durante anos. Empezou a escribir a partir do 1868, preocupada polo ambiente bélico ao seu redor (en Europa había varias guerras naqueles anos). Queríalle transmitir coa súa escrita un bálsamo literario ao seu fillo Bernard Spyri e tamén gañar diñeiro para as actividades da recén creada Cruz Vermella. Publicou a primeira parte de Heidi no 1880, e a segunda no 1881. A partir do 1885 as edicións da obra mestra suíza sempre saen xuntas nun único volume. No 1884 Spyri perdeu o seu fillo e o seu marido e decidiu retirarse. A súa época vital serodia coincidiu co grande éxito do personaxe que creara, até o punto de ter a autora que fuxir discretamente dos seus admiradores porque non quería compartir moitos dos recordos íntimos que inspiraran as novelas. Morreu en Zürich no 1901. Ler máis...

gaston leroux misterio cuarto amarelo

Gaston Leroux

Naceu en París no 1868. Aínda que se dedicou á avogacía durante uns anos, foi no xornalismo e na literatura onde destacou. No seu tempo foi un recoñecido reporteiro, especializado tanto no xénero de sucesos coma en información internacional. Pioneiro da novela de detectives, O misterio do cuarto amarelo (1907) foi un grande éxito. Publicou outras sete novelas protagonizadas por Joseph Rouletabille. Tamén é obra súa O fantasma da ópera (1910). Morreu en Niza no 1927. Ler máis...

Foto Sara Caride

Ramón Caride

(Cea, 1957). É biólogo e traballou, desde 1981 até data recente, como profesor en distintos niveis educativos, publicando materiais científicos e didácticos antes de se centrar na escrita creativa. Animador de múltiples actividades culturais; foi o primeiro presidente da asociación cultural A Santa Compaña de Cambados, e un dos promotores da revista homónima. Ten desenvolvido unha intensa actividade na prensa, sendo columnista en distintos xornais como El Mundo, Faro de Vigo e O Correo Galego, e creador de series xornalísticas. Escolmas dos seus textos dispersos recóllense en antoloxías coma O gume dos espellos (2010) e CATRO X 34 (2020). Tras residir en varios lugares da Península, estableceuse en 1989 en Cambados, aínda que nunca perdeu o contacto coas terras do interior galego, o seu Louzós referencial.  Ler máis...

Foto fon Gazafellos

Fon

Fonso Barreiro (FON), naceu no 1980 na fermosa vila de Noia. Matriculase  na escola O Garaxe Hermético no curso 2012-2015, onde acada o premio de fin de curso pola súa obra Curuxa, a voz de Azazel, que saíu publicada no 2016 por Retranca Editora. En 2019, publica coa editorial Galaxiao cómic Troglo e Dita e agora con Aira editorial, Gazafellos. Tamén fixo varios traballos de  ilustración coma Contra o reloxo . Publica na revista “A viñeta de Schrödinger”, é mestre na escola O Garaxe Hermético e  é o director e coordinador de V de Viñetas, xornadas de cómic do Liceo de Noia. Ler máis...

foto

Abel Alves

Debuxante e guionista nacido en Ferrol. Traballou como humorista gráfico no diario Galicia Hoxe e participou en varios fanzines e revistas tanto dixitais como tradicionais. No Uruguai escribiu e debuxou a historieta Zombess, e como guionista publicou as novelas gráficas Sangre y sol e Aram o Armenio, esta última tamén editada en Galicia. Con Segunda Venida, editada en España e Arxentina, gaña en 2018 o premio Carlos Trillo ó mellor guionista. Posteriormente publicaría A tumba de Breogán e O destino de Kameko. Actualmente compaxina algúns traballos como guionista audiovisual co seu labor dentro da banda deseñada. Ler máis...

lorena-2020

Lorena Conde

Desenvólvese nos terreos da dramaturxia, a dirección escénica, a interpretación, as artes plásticas e a literatura.

Iníciase no teatro primeiro como actriz e despois como directora en agrupacións universitarias. Fórmase en diferentes escolas e talleres e traballa como actriz profesional en proxectos de compañías alleas e propias.  Durante varios cursos leva adiante os obradoiros escénicos de diversos centros educativos e dirixe Enlata Teatro, compañía impulsada pola Facultade de Ciencias da Educación da USC. Forma parte da compañía Farrapo Teatro. É integrante da compañía Matrioshka Teatro. É co-fundadora da compañía A Feroz. Ler máis...

191213 burnett banner1

Frances Hodgson Burnett

Frances Eliza Hodgson naceu en Cheetham, Manchester (Inglaterra) o 24 de novembro do 1849. Cando tiña tres anos, a súa familia emigrou a Tennessee (EUA). Comezou a publicar as súas historias curtas con dezanove anos. Tivo dous fillos, Lionel e Vivian Burnett. Divorciouse dúas veces. Adheriuse ao ideario feminista. Ao redor dos corenta anos empezou a ser famosa grazas ao éxito das súas obras, tanto para crianzas como para público adulto. Amais de O xardín secreto escribiu as novelas Little Lord Fauntleroy e A Little Princess. Morreu en Nova York o 29 de outubro do 1924. Ler máis...

XurxoMG

Xurxo Martínez González

Coia, Vigo, 1984. Doutor cum laude en Filoloxía Galega especializado no Rexurdimento. Autor de Marxes. Guía ilustrada do Vigo rebelde (2021), con ilustracións de David Rodríguez. Publicou as biografías de Fuco Gómez, Luís Soto e os Villar Ponte (esta canda Emilio X. Ínsua). Colaborador habitual en prensa. Recibiu premios de poesía, relato curto e ensaio. Presidiu o colectivo A Nave das Ideas, impulsora do Día das Artes Galegas. Actualmente é técnico de normalización lingüística en Redondela. Ler máis...

Promo-Facebook-Facebook-instant-articles

Xosé Manuel Pereiro

Monforte, 1956. Xornalista. Director da revista Luzes. Redactor de informativos da TVE (1988-2008). Correspondente en Galicia do diario El País. Fundou as revistas BravúLoia e La Naval. Autor dos libros Si, home si (2001), Prestige. Tal como foi, tal como fomos (2012) e Diario dun repunante (2017). É cantante do grupo musical Radio Océano.

Obras do autor

Promo-Instagram-Instagram-square-post

Xavier Queipo

(Compostela, 1957). Dende 1990 escribe e publica regularmente en galego É autor, entre outros libros, de: Ártico e outros mares (narrativa breve, 1990, Premio da Crítica Española 1991); Ringside (contos, 1993), Malaria sentimental (novela, 1999); Papaventos (novela, 2001); O ladrón de esperma (contos, 2001, Premio Café Dublin de relatos); Os ciclos do bambú (contos, 2003); Glosarios (poesía, 2004); O espello e o dragón (literatura infantil, 2005), Dragona (novela, 2007) Caderno da Revolución Cultural (crónicas radiofónicas, 2007), Saladina (novela, 2007), Felices e diferentes (crónicas radiofónicas, 2009), A illa dos cangrexos violinistas (literatura infantil, 2009), Cartas marcadas (ensaio, 2010), Ártico 2.0 (narrativa breve, 2011), Extramunde (novela, 2011, Premio Xerais de Novela, Premio Arcebispo San Clemente); 55 (relatos, 2014), Os Kowa (novela 2016, Premio Blanco Amor 2015), e Corazón de Manteiga (novela, 2020) . Membro do Dichterscollectif van Brussel dende 2007. Recibiu varios outros premios en Galicia, entre eles o Premio Xosé María Álvarez Blázquez ao mellor escritor galego en 2011 e o Premio Nacional de Tradución do Ministerio de Cultura (en colaboración), pola tradución do Ulysses de Joyce ao galego (2014). Participou en numerosos libros coletivos e antoloxías, e traduciu do francés ao galego a Amin Maalouf e Hervé Guivert, e do inglés a Conrad e Joyce. Obras súas están traducidas ao castelán, portugués, francés, inglés e italiano. Ler máis...

Kenji Miyazawa

(O Xapón, 1896-1933). Narrador e poeta, procedía dunha rica familia da que se distanciou por razóns relixiosas e políticas. Profesor de Ciencias Agrícolas e violoncellista. Os seus relatos foron famosos xa cando morrera. No Xapón a súa obra converteuse en popular coincidindo co seu primeiro centenario. Os seus textos adaptáronse ao cinema e á televisión. Unha noite no tren da Vía Láctea está considerado pola crítica literaria nipoa como a máis importante obra infantil-xuvenil da historia do Xapón. Ler máis...

Eva Moreda

Naceu na Veiga de Ribadeo. Obtivo o Premio Terra de Melide, o Narrativas Quentes, o Manuel Murguía e o San Clemente entre outros. É profesora titular de Musicoloxía na Universidade de Glasgow.

Obras da autora

Manuel Veiga Taboada

(Monforte, 1960). Doutor en Ciencias Políticas e Socioloxía e licenciado en Ciencias da Información. Dirixiu o semanario A Nosa Terra entre os anos 2007 e 2010. Premio Xerais. Premio García Barros. Publicou varios libros de narrativa, de divulgación histórica e de ensaio.

Obras do autor

Alfredo Conde

(Allariz, 1945). Estudou Náutica e Filosofía e Letras. Doutor honoris causa pola Universidade Trobe de Melbourne. Cabaleiro das Ordes e das Letras da República francesa. Escribiu até agora dezanove novelas, tres libros de poesía, dúas obras de teatro e guións de televisión, contos… Premio Nacional de Literatura. Premio Cavour. Premio Nadal e Premio da Crítica Española e da Crítica de Galicia en varias ocasións, entre outros méritos. Foi conselleiro de Cultura e deputado no Parlamento. Ler máis...

Blanca Millán

Touro, 1991. Graduada en Belas Artes pola Universidade de Vigo, tamén conta cun mestrado en Libro Ilustrado e Animación Audiovisual. Pinta dende que ten memoria e ilustra contos dende que é nai.

Tocou diversos campos do mundo da ilustración, como o deseño editorial, a ilustración de produto ou a cartelería, pero a súa gran paixón son os libros ilustrados.

No 2017 publicáronse os seus primeiros traballos de álbume ilustrado, Manuela e A maxia de mamá

, este último como autora íntegra, e dende entón non deixou de traballar. Nos últimos tres anos ilustrou máis de quince libros para o mercado galego, nacional e americano, e ten novos proxectos  que pronto verán a luz.  Ler máis...

Beatriz Cabaleiro

O Porriño, 1992. Xornalista, escritora e docente. O seu interese pola lectura e a escritura comeza a unha temperá idade e no 2014 crea o seu blogue persoal. 

A súa afección por coñecer o mundo fixo que se formase en idiomas en diferentes puntos do estranxeiro.Tras rematar Xornalismo na USC e os seus estudos de lingua inglesa en San Francisco (California), a autora comezou a participar en festivais e eventos poéticos. 

Na actualidade compaxina a docencia coa escritura. Tamén é membro do departamento de comunicación de O Marisquiño, colabora con Concellos e centros educativos na organización de actos cos máis novos e redacta contidos relacionados coa cultura e a diversidade en diarios dixitais. Ler máis...

Simón Blanco

Simón Blanco Gallego (Ourense, 1977) Ilustrador e libreiro. Sempre di que “leva anos finxindo ser ilustrador na sua librería e libreiro no seu estudio”. Publicou traballos en fanzines como finnegans o en edicións colectivas como El peluquero de gigantes (ed Bolboreta Press ) ou Vidas imaxinarias e Carriandola para Aira editorial.

Charo Lopes

Boiro (1988) Estudou jornalismo na USC, fotografia na ESAD Antonio Faílde e um mestrado de literatura na UDC. Militou na Assembleia da Mocidade Independentista.
Em 2014 recebe o prémio de poesia “Xuventude Crea”. Em 2015 o Fiz Vergara polo que publica o poemário De como acontece o fim do mundo.

Participa na equipa editora da caleidoscopica.gal e no conselho de redação do Novas da Galiza. Exerce como trabalhadora autónoma no âmbito da comunicação e como fotógrafa está especializada em retrato, de uma ótica feminista. Ler máis...

Mary Shelley

(1797-1851). Escritora inglesa famosa polo seu Frankenstein. Os seus pais eran os famosos filósofos Mary Wollstonecraft e William Godwin. Foi parella do poeta romántico Percy Shelley, de quen tivo un fillo. Ao longo da súa vida publicou novelas (Valperga, Perkin Warbeck, The Last Man, Lodore, Falkner) e libros de viaxes, caso de Rambles in Germany and Italy. Tamén redactou biografías para enciclopedias e foi albacea e editora do traballo literario do seu defunto marido.

Obras da autora

Frankenstein (segunda edición)
Ler máis...

Concha Blanco

Naceu en Lires, Cee, no 1950. Profesora xubilada, primeiro mestra e logo docente no ensino secundario, na especialidade de Lingua e Literatura. Participou moi activamente na formación do profesorado e en labores de normalización lingüística e de fomento da lectura.

Pioneira da literatura infantil e xuvenil en galego, ten publicadas 52 obras individuais e 28 colectivas. Amais tamén é autora de libros de texto e unidades didácticas. A súa traxectoria profesional e literaria foi recoñecida e premiada. Entre outros galardóns conta co Pura e Dora Vázquez de LIX, que outorga a Deputación de Ourense, no 2008, por Encontros ás agachadas, o Frei Martín Sarmiento 2010 por Poemas para pintar e o Premio de Poesía Arume 2007 por Cantos da rula. Ler máis...

Lidia Nokonoko

A pesar do seu apelido, naceu en Vigo, en 1978.

Tras licenciarse en Belas Artes, compaxina a profesión de deseñadora gráfica coa labor docente.

Como docente, traballou como profesora de Realización en Multimedia na Escola de Imaxe e Son de Vigo, profesora de deseño gráfico e web en Obradoiros de Emprego, e maquetación web en cursiños da Universidade de Vigo.

Como deseñadora gráfica, traballou dez anos nos ámbitos da cartelería, identidade corporativa, deseño publicitario e maquetación editorial. Durante sete deses dez anos, tamén traballou como locutora de radio, realizando entrevistas, programas culturais e radio-fórmula. Colaborou tamén en diversos proxectos audiovisuais como editora de vídeo, infografista e locutora. Ler máis...

Xavier Rodríguez Baixeras

Naceu en Tarragona no 1945, aínda que a orixe familiar por parte do avó paterno é de Nois (Foz). Conta Baixeras: “Meu pai, que era secretario de administración local, tivo o seu destino na Pobra do Caramiñal. Pero miña nai, que era moi catalá, quixo que eu nacese en Catalunya e levoume a ver a primeira luz ao Mediterráneo. Na Pobra, e logo en Ribadeo, o segundo destino, falábanse tres linguas na casa: o catalán entre os meus pais e a miña nai comigo, o castelán do meu pai, que era de mentalidade “conservadora”, comigo e meus irmaos, e o galego das criadas entre elas, e por veces, tamén connosco. Ler máis...

Xosé Manuel Vega

Xosé Manuel Vega Gómez naceu no 1960 na casa de Rubinos de Souto (Becerreá, Os Ancares). «A casa e o lugar xa case desapareceron da paisaxe, pero seguen vivos na miña memoria. De neno fun ben mandado e traballei coma un home e, xa de home, fago cousas de neno, como soñar, e non me gusta que manden en min», defínese.

É licenciado en Ciencias da Información pola Universidade Autónoma de Barcelona. Traballa na Televisión de Galicia desde 1986. «Sempre tratei de ser un profesional digno». Durante 16 anos foi o responsable da información do Parlamento. Deixou a información diaria hai uns 15 anos e desde entón dedícase aos documentais e entrevistas. Dirixiu a serie Historias de Galicia e actualmente está gravando Os castros. Ler máis...

Bieito Iglesias

Bieito Iglesias Araúxo foi nado en Ourense en 1957 e leva corenta anos morando en Compostela. Exerceu de catedrático de Lingua e Literatura Galega e escribiu tantiños libros, de por parte de centos de columnas xornalísticas. Desempeñouse sobretodo como prosador ficcionista e nese xénero cómpre citar os romances A vida apoteósica ou Pan e coitelo, xunto ás colectáneas de relatos breves O mellor francés de Barcelona, Miss Ourense ou Contos da terra da tarde. Ler máis...

Ursula Heinze de Lorenzo

Naceu en Coloña (Alemaña) no 1941. É licenciada en Filoloxías Inglesa e Alemá na Universidade de Coloña. Formou parte do grupo universitario de teatro, estudou piano e canto. Reside e escribe desde 1968 en Santiago de Compostela. Foi catedrática de Ensino Medio en Alemaña e lectora de alemán na Universidade de Valladolid (1973-1977). Colaborou na Radio Galega e no xornal O Correo Galego. Fundadora da sección de Galicia do PEN Club Internacional, do que foi presidenta de 1991 a 1995. É autora de moitas novelas, relatos, ensaios, literatura infantil e xuvenil e poesía en galego, poesía e relatos en alemán. Traduciu obras do alemán para o galego e o castelán. Ler máis...

Dani Padrón

Ourense, 1983. Arquitecto pola ETSA da Coruña. Chegou á ilustración a través da caricatura e do cómic, tras gañar un accésit no IX Concurso Galego de Caricaturistas Noveis (Ourense, 2009) e un segundo premio no XIV Certame de Cómic de Cangas en 2010. Comezou a súa andaina como ilustrador infantil en 2011 co premio Pura e Dora Vázquez. Dende entón publicou varios álbums.  O seu traballo para Pan de millo (de Migallas Teatro, editado por Kalandraka en 2013) foi seleccionado para participar na Bienal de Bratislava en 2015.

Óscar Villán

Naceu en Valladolid en 1972. Ese mesmo ano, conta el, “levárono para Ourense”. Estudou no colexio Calvo Sotelo e no instituto de As Lagoas. Logo en Pontevedra, na facultade de Belas Artes e na Escola de Carpintaría. Traballa ilustrando desde 1998. Vive en Teo, ao lado de Santiago de Compostela.