foto

Abel Alves

Debuxante e guionista nacido en Ferrol. Traballou como humorista gráfico no diario Galicia Hoxe e participou en varios fanzines e revistas tanto dixitais como tradicionais. No Uruguai escribiu e debuxou a historieta Zombess, e como guionista publicou as novelas gráficas Sangre y sol e Aram o Armenio, esta última tamén editada en Galicia. Con Segunda Venida, editada en España e Arxentina, gaña en 2018 o premio Carlos Trillo ó mellor guionista. Posteriormente publicaría A tumba de Breogán e O destino de Kameko. Actualmente compaxina algúns traballos como guionista audiovisual co seu labor dentro da banda deseñada.