Beatriz Cabaleiro

O Porriño, 1992. Xornalista, escritora e docente. O seu interese pola lectura e a escritura comeza a unha temperá idade e no 2014 crea o seu blogue persoal. 

A súa afección por coñecer o mundo fixo que se formase en idiomas en diferentes puntos do estranxeiro.Tras rematar Xornalismo na USC e os seus estudos de lingua inglesa en San Francisco (California), a autora comezou a participar en festivais e eventos poéticos. 

Na actualidade compaxina a docencia coa escritura. Tamén é membro do departamento de comunicación de O Marisquiño, colabora con Concellos e centros educativos na organización de actos cos máis novos e redacta contidos relacionados coa cultura e a diversidade en diarios dixitais.

Clover, unha porquiña diferente é o seu primeiro libro publicado.

Obras da autora

Obradoiros da autora

2 referencias a “Beatriz Cabaleiro

Os comentarios están pechados.