Bieito Iglesias

Bieito Iglesias Araúxo foi nado en Ourense en 1957 e leva corenta anos morando en Compostela. Exerceu de catedrático de Lingua e Literatura Galega e escribiu tantiños libros, de por parte de centos de columnas xornalísticas. Desempeñouse sobretodo como prosador ficcionista e nese xénero cómpre citar os romances A vida apoteósica ou Pan e coitelo, xunto ás colectáneas de relatos breves O mellor francés de Barcelona, Miss Ourense ou Contos da terra da tarde.

Obras do autor