1676818088925

Blanca Riestra

Blanca Riestra é doutora en Filoloxía Hispánica pola Universidade de Borgoña (Francia). Foi directora do Instituto Cervantes de Albuquerque (os Estados Unidos), directora literaria da colección ‘Versión Celeste’ da editorial francesa Orbis Tertius, profesora universitaria. Na actualidade é profesora de Ensino Secundario no IES Xosé Neira Vilas de Oleiros.

Publicou as novelas Anatol y dos más (1996), reeditada en lingua galega no 2023, La canción de las cerezas (premio Ateneo Joven de Sevilla, 2001), El Sueño de Borges (premio Tigre Juan, 2005), Todo lleva su tiempo (2007), finalista do premio Fernando Quiñones), Madrid Blues (2008), La noche sucks (2010),Vuelo diurno (2012), Pregúntale al bosque (premio Cidade de Barbastro, 2013), Greta en su laberinto (premio Torrente Ballester de Narrativa, 2015), Noire Compostela (premio de Novela por Entregas de La Voz de Galicia, 2016), Últimas noches del edificio San Francisco (premio Ateneo de Sevilla, 2020), Aquí comeza o mar (premio Blanco-Amor de Novela, 2022).

Tamén o libro de poemas Una felicidad salvaje (2010).

Obras da autora