Concha Blanco

Naceu en Lires, Cee, no 1950. Profesora xubilada, primeiro mestra e logo docente no ensino secundario, na especialidade de Lingua e Literatura. Participou moi activamente na formación do profesorado e en labores de normalización lingüística e de fomento da lectura.

Pioneira da literatura infantil e xuvenil en galego, ten publicadas 52 obras individuais e 28 colectivas. Amais tamén é autora de libros de texto e unidades didácticas. A súa traxectoria profesional e literaria foi recoñecida e premiada. Entre outros galardóns conta co Pura e Dora Vázquez de LIX, que outorga a Deputación de Ourense, no 2008, por Encontros ás agachadas, o Frei Martín Sarmiento 2010 por Poemas para pintar e o Premio de Poesía Arume 2007 por Cantos da rula.