Dani Padrón

Ourense, 1983. Arquitecto pola ETSA da Coruña. Chegou á ilustración a través da caricatura e do cómic, tras gañar un accésit no IX Concurso Galego de Caricaturistas Noveis (Ourense, 2009) e un segundo premio no XIV Certame de Cómic de Cangas en 2010. Comezou a súa andaina como ilustrador infantil en 2011 co premio Pura e Dora Vázquez. Dende entón publicou varios álbums.  O seu traballo para Pan de millo (de Migallas Teatro, editado por Kalandraka en 2013) foi seleccionado para participar na Bienal de Bratislava en 2015.

Obras do autor