Emma Pedreira (A Coruña, 1978). Filóloga, escritora e artista plástica.
Como poeta a súa obra atinxe máis de dez títulos entre os que atopar s/t, O libro das
mentiras ou Antídoto. En 2017, un poema deste poemario foi considerado o Mellor
Poema do Mundo e galardoado co Premio de Poesía Jovellanos.
No ano 2018 gañou o Premio da Crítica Española no apartado de narrativa en galego
por Bibliópatas e fobólogos (Galaxia), o Premio Xerais de novela por Besta do seu sangue e o
Premio de Poesía Fiz Vergara Vilariño por As voces ágrafas.
En 2019 gaña o Premio Jules Verne por Os corpos invisibles (Xerais). Esta novela
tamén foi considerada, xunto coa autora, a mellor do ano pola revista electrónica
Fervenzas Literarias e no 2020 gaña o Premio da Gala do Libro Galego ao mellor texto
xuvenil.
En 2021 publica Os libros que hai en min (Cuarto de Inverno). Tamén é autora de Juana de Vega, a muller que desafiou o seu tempo (Galaxia), que escribiu a catro mans con Marilar Aleixandre.
Vén de publicar o poemario bilingüe Para saír deste lugar (Urutau), ao que acompaña
a serie de collage do mesmo nome.
Como artista plástica participa con collage nos poemarios O Elo, de Quico Valeiras
(Urutau) e Círculo dentro do círculo, de Inma Doval (Urutau) e na publicación Xela
Arias poeta nas marxes (O Arquivo das Trasnas) así como en portadas de libros, ou
en revistas especializadas como Cuaderno Artístico, Collage, La jirafa en llamas, entre
outras.
Tamén publicou o folletín eclectrónico-poético-colaxístico Bicadora Duncan en
