Estíbaliz Espinosa

A Coruña, 1974, ano da mensaxe dende o radiotelescopio de Arecibo.

Escritora, tradutora, músico. Publicou varios libros de poemas, moitos como expresión da cultura única que hibrida ciencia e humanidades [-orama, número e, Zoommm.Textos biónicos, Papel a punto de]. Obtivo premios como o Esquío ou o Espiral Maior. Formouse como socióloga e filóloga na UDC. Escribe e publica relatos e ensaio. É astrónoma afeccionada; interésalle a constelación que une tecnoloxía, ciencia, linguaxe e maternidade.

www.estibalizespinosa.com

@criaturamecanic