T22 EVA 004 v2

Eva Baltasar

(1978) publicara dez libros de poemas, galardoados cos premios máis prestixiosos de Catalunya, antes de escribir a novela Permaxeo (2018, finalista do Premio Medicis), que se converteu de inmediato nun fenómeno literario dos que marcan época. As súas seguintes novelas, Boulder e Mamut consagrárona coma unha das autoras máis interesantes da literatura actual. Traducida a unha ducia de linguas, é unha das autoras catalás con máis recoñecemento internacional. Segue a escribir narrativa e poesía a un tempo. 

Obras da autora