johanna spyri heidi

Johanna Spyri

Naceu en Hirzel, unha aldea das montañas próxima a Zürich, no 1827. O seu nome de solteira era Johanna Louise Heusser. Padeceu unha fonda depresión durante a súa xuventude, que se estendeu durante anos. Empezou a escribir a partir do 1868, preocupada polo ambiente bélico ao seu redor (en Europa había varias guerras naqueles anos). Queríalle transmitir coa súa escrita un bálsamo literario ao seu fillo Bernard Spyri e tamén gañar diñeiro para as actividades da recén creada Cruz Vermella. Publicou a primeira parte de Heidi no 1880, e a segunda no 1881. A partir do 1885 as edicións da obra mestra suíza sempre saen xuntas nun único volume. No 1884 Spyri perdeu o seu fillo e o seu marido e decidiu retirarse. A súa época vital serodia coincidiu co grande éxito do personaxe que creara, até o punto de ter a autora que fuxir discretamente dos seus admiradores porque non quería compartir moitos dos recordos íntimos que inspiraran as novelas. Morreu en Zürich no 1901.

Obras da autora