orriols

Marta Orriols

Marta Orriols (Sabadell, 1975) formouse como historiadora da Arte. Vive e traballa en Barcelona, ocasionalmente como lectora editorial e escribindo para algúns medios culturais. Entusiasta da literatura anglosaxoa, encargouse da edición do libro Objeto de amor, de Edna O’Brien (Lumen, 2018). Debutou como escritora co libro de contos Anatomia de les distáncies curtes (Periscopi, 2016), que xunto coa novela Aprender a falar coas plantas (Aira, 2022) —Premio Òmnium á mellor novela do ano 2018—, Dolça introducció al caos (Periscopi, 2020) e A posibilidade de chamarlle casa, recibiu o aplauso do público e os eloxios da crítica. A súa obra foi traducida a dezasete linguas, incluídas o francés, o italiano, o inglés, o árabe e o chinés.

Obras da autora