Xavier Rodríguez Baixeras

Naceu en Tarragona no 1945, aínda que a orixe familiar por parte do avó paterno é de Nois (Foz). Conta Baixeras: “Meu pai, que era secretario de administración local, tivo o seu destino na Pobra do Caramiñal. Pero miña nai, que era moi catalá, quixo que eu nacese en Catalunya e levoume a ver a primeira luz ao Mediterráneo. Na Pobra, e logo en Ribadeo, o segundo destino, falábanse tres linguas na casa: o catalán entre os meus pais e a miña nai comigo, o castelán do meu pai, que era de mentalidade “conservadora”, comigo e meus irmaos, e o galego das criadas entre elas, e por veces, tamén connosco.

Poeta e ensaísta, realizou un importante traballo como tradutor, especialmente desde o catalán e o portugués.

Publicou Fentos no mar, Anos de viaxe, Visitantes, Beira norte, Eclipse, O pan da tarde, Bos tempos para a lírica, Luz extinta Brasil no centro, entre outras obras.

Recibiu os premios Miguel González Garcés, Losada Diéguez e os da Crítica, tanto galega coma española. Grande afeccionado á gastronomía, no 2004 publicou Diario de comidas.

Obras do autor