XurxoMG

Xurxo Martínez González

Coia, Vigo, 1984. Doutor cum laude en Filoloxía Galega especializado no Rexurdimento. Autor de Marxes. Guía ilustrada do Vigo rebelde (2021), con ilustracións de David Rodríguez. Publicou as biografías de Fuco Gómez, Luís Soto e os Villar Ponte (esta canda Emilio X. Ínsua). Colaborador habitual en prensa. Recibiu premios de poesía, relato curto e ensaio. Presidiu o colectivo A Nave das Ideas, impulsora do Día das Artes Galegas. Actualmente é técnico de normalización lingüística en Redondela.