Club Aira

O Club Aira nace para darlle continuidade ao proxecto do mecenado literario no que se sustentou todos estes anos a colección de Clásicos Ilustrados, e tamén para aumentar a base de complicidade dos lectores e lectoras co proxecto cultural de Aira.

Subscribirte ao Club Aira é moi doado e ten moitos beneficios.


MODALIDADES:

Subscritor:

Beneficios:

  • Desconto do 10% en produtos da tenda.
  • Sorteos exclusivos.
  • Subscrición ao Xornal de Novidades.
Mecenas1

Pago único de 70 euros ao ano2

Amais dun desconto do 25% nos produtos da tenda e de todos os beneficios de ser subscritor, tes estes outros:

  • Acceso exclusivo e en primicia aos avances nos traballos de ilustración do Clásico Ilustrado do ano.
  • Adiantos de fragmentos do clásico ilustrado do ano.
  • Contidos exclusivos sobre diferentes aspectos do clásico ilustrado do ano.
  • Que o teu nome apareza na páxina de Mecenas do clásico ilustrado do ano.

Para, para, que aínda che queda o mellor:

  • Un exemplar do clásico ilustrado do ano.
  • Unha lámina ilustrada (de edición exclusiva, asinada e numerada) obra do ilustrador/a do clásico ilustrado e ambientada no universo literario do libro.
  • Un exemplar de calquera produto do noso catálogo.
  • Unha bolsa de algodón cunha ilustración orixinal do universo do libro.
  • Un agasallo sorpresa.
  • Un marcafollas do clásico ilustrado do ano.
  • Desconto do 20% por cada clásico ilustrado que queiras mercar a maiores antes da saída ao mercado.

1Ao ser mecenas autorizas a Aira Editorial a pórse en contacto co mecenas a través do seu correo electrónico e darlle acceso a unha carpeta compartida.
2A cota pode pagarse con tarxeta ou mediante domiciliación bancaria.Unha vez feito o pago desta, presuponse que as condicións de mecenas son aceptadas.