Bea Gregores naceu en Vigo no 1995. Graduada pola Universidade de Vigo en Belas Artes e cun Mestrado universitario en Libro Ilustrado e Animación Audiovisual, especializouse nos campos de ilustración e deseño.
Recibiu diversos premios no mundo da ilustración e da banda deseñada, como o primeiro premio Xuventude Crea na sección de BD e o premio Follas Novas do libro galego 2024, na sección de Libro Ilustrado.
Actualmente traballa como ilustradora editorial e é autora de libros como As mulleres que cultivaban néboas, A lavandeira de San Simón e Avelaíña e o camiño á illa.