Xosé Ramón Pena | Aira editorial
Xurxo Martínez González | Aira editorial

Xosé Ramón Pena

(Betanzos, 1956) é narrador, historiador da literatura e ensaísta. Así mesmo é colaborador habitual en prensa e creador —e na actualidade asesor literario— do suplemento «Faro da Cultura». É autor de novelas e volumes de relatos, entre eles: Para despois do adeus (Premio Xerais, 1987 e Premio Losada Diéguez, 1988), A era de Acuario (1997), Fado de princesa (2005), A batalla do paraíso triste (2008, finalista do Premio Nacional de Literatura (Narrativa)), Como en Alxeria (2012), Todas as vidas (2010) ou En tempo de desconto (2022). Polo que se refire á historia da literatura e o ensaio, publicou, entre outros títulos, Historia da literatura medieval galego-portuguesa (2022), Martín Codax e os xograres do mar de Vigo (2017) e os catro volumes que conforman a Historia da literatura galega (2013-2019) (Premio da Crítica de Galicia, 2015 e Premio Losada Diéguez, 2017).