Alizée De Pin | Aira editorial
Xurxo Martínez González | Aira editorial

Alizée De Pin

Licenciada cun mestrado en artes visuais e cun mestrado en deseño gráfico. Apaixonada pola banda deseñada e polas cuestións da representación visual da información. As súas moitas colaboracións con investigadores permitíronlle desenvolver unha linguaxe visual que abrangue desde a didáctica até a ilustración. Nos seus libros ilustrados, Alizée explora temas políticos e poéticos que considera fundamentais.