Naceu en Carcacía (Padrón) no 1992. Graduada en Educación Primaria e Máster en Lingüística Aplicada pola Universidade de Vigo. É escritora, tradutora e crítica literaria.
Traduciu, canda Fabio Rivas, Habitada, de Cristina Sánchez-Andrade. Ademais de Pintiñas, escribiu os libros Papoulas amarelas (2022), Nonmesquezas (2023) e Upupú (Premio Eusebio Lourenzo Baleirón 2025).