(Trabada, 1976). Licenciouse en Física de Partículas na USC e traballa como profesora de secundaria desde o 2000. Actualmente é docente en Boiro, onde promove proxectos de activismo cultural como o festival audiovisual escolar Olloboi, recoñecido co premio especial José Sellier da Academia Galega do Audiovisual polo seu compromiso e traballo en prol da canteira do cine galego.
Colaborou en diferentes proxectos multidisciplinares de ilustración como un arquivo de Xacementos arqueolóxicos da provincia de Pontevedra, un fanzine para Amnistía Internacional ou un manual gráfico sobre os sistemas educativos de Ottawa e Galicia.
Publicou dúas novelas gráficas: Madialeva (Aira, 2020) e Xaora (Aira, 2023).