Adrián Bokas | Aira editorial
Xurxo Martínez González | Aira editorial

Adrián Bokas

Pseudónimo de Adrián Alfonso Rivas ( Vigo, 1986). Vencellado desde mozo á música local, emprendeu a súa andaina cultural no Conservatorio Superior de Música na especialidade de Bombardino, co que tocou durante 12 anos na Banda Musical Lira de San Miguel de Oia.Tanghana´s Show, Zakembi, Ex Hedera, ou Ollo, Lostrego! Son outras das agrupacións onde participou como bombardinista, baixista ou vocalista. Técnico de son de Profesión, desenvolve a súa carreira dentro do audio en coñecidas salas viguesas como Master Club ou Supersonic, traballando tamén para diferentes artistas do eido underground. Carne picada (obra gañadora do II Torneo Aira de Novela) é o seu debut literario.