I Premio Aira ao Libro Informativo Ilustrado
1 Primeira: obxecto
O libro informativo ilustrado é unha ferramenta de expresión artística fundamental na fixación e difusión de contidos. A súa versatilidade e función didáctica merecen un galardón que estimule a súa creación profesional en Galicia e en galego.
2 Segunda: persoas destinatarias
Poden participar todas aquelas persoas maiores de idade que presenten obras inéditas e non premiadas anteriormente en ningún outro certame.
Cada participante deberá xustificar a súa autoría mediante unha declaración responsable, polo que Aira non se fará responsable das posibles denuncias por plaxio ou condutas similares que poidan producirse e, polo tanto, recaerá na persoa participante afectada a acción legal que proceda e será a persoa participante a que asumirá, chegado o caso, as indemnizacións que poidan derivarse polos prexuízos ocasionados a particulares e mais á organización deste premio.
As persoas participantes teñen a obriga de comunicar a Aira a concesión de calquera outro premio que obtivese a obra presentada no momento da súa comunicación, para así poder retirar a obra deste certame.
3 Terceira: dotación
O premio é indivisible e está suxeito ás retencións legais que lle sexan aplicables.
O premio non poderá concederse a título póstumo, sen prexuízo dos dereitos de sucesión que poidan exercerse se a persoa premiada falecese despois da decisión do xurado.
4 Cuarta: prazo
5 Quinta: envío da proposta e documentación
Para garantir o anonimato das solicitudes, a presentación realizarase baixo o sistema de plica coa presentación dun sobre pechado, a portes pagados, que indique no exterior o título do I Premio de Libro Informativo Ilustrado, ao seguinte enderezo:
Aira editorialEspazo BenComún
Praza da Torre Lombarda, 1, baixo
32660 Allariz
Dentro deste sobre principal incluirase outro sobre cos seguintes datos no seu exterior: Lema.
Documentación identificativa
No interior incluirase un documento en papel cos seguintes elementos:
- Nome completo da persoa ou persoas autoras da proposta. Pódense incluír tamén alcumes ou heterónimos.
- DNI da persoa ou persoas autoras da proposta.
- Número de teléfono da persoa ou persoas autoras da proposta.
- Correo electrónico da persoa ou persoas autoras da proposta.
- Título provisional da obra.
- Declaración responsable de que a persoa ou persoas autoras son titulares de todos os dereitos sobre a proposta presentada, que é inédita e que non foi premiada en ningún outro certame.
- No caso de autoría conxunta, ademais da documentación anterior, deberá incluírse un documento explícito coa participación de cadaquén e a porcentaxe do premio pactada entre as persoas autoras e asinada por elas.
Contido do proxecto
Ademais, nun soporte USB incluirase o proxecto, que debe constar dos seguintes contidos, presentados nun único arquivo PDF de alta calidade:
- Descrición xeral do proxecto onde figuren datos como a xustificación da obra, o tema, o número de páxinas e as técnicas empregadas. Tamén se incluirá unha sinopse do proxecto. Mínimo: 3.000 caracteres.
- Storyboard completo da obra.
- Un mínimo de oito páxinas xa rematadas, en formato 170 × 240 mm.
Requirimentos
- A proposta e a obra finalizada deben estar redactadas en lingua galega e cinxirse ás normas ortográficas e gramaticais ditadas pola Real Academia Galega.
- Cada obra pode ser escrita e ilustrada por un máximo de dúas persoas.
- A extensión total da obra finalizada terá, como mínimo, 48 páxinas e, como máximo, 128 páxinas.
Publicación
A obra publicarase en Aira durante o ano 2027 e durante o proceso de remate da proposta contará co asesoramento do persoal da editorial en todos os niveis.
A obra premiada será publicada en galego. Para tal efecto, Aira e a persoa ou persoas gañadoras asinarán o correspondente contrato de edición, onde se especificarán todos os detalles.
Así mesmo, nese contrato Aira resérvase os dereitos de autor para publicar en calquera outro idioma, coa posibilidade de ceder tales dereitos a terceiros.
A persoa ou persoas gañadoras recibirán trinta exemplares da obra publicada.
6 Sexta: xurado
O xurado estará composto por cinco persoas de recoñecido prestixio no ámbito editorial e da ilustración, nomeadas por Aira. As funcións de secretaría exerceraas un dos membros do xurado, elixido por Aira.
- O premio outorgarase por maioría de votos.
- O xurado só poderá declarar o premio deserto por decisión unánime de todos os seus membros.
- As deliberacións do xurado serán secretas e delas serán estendidas as actas correspondentes.
- A decisión do xurado é inapelable.
7 Sétima: concesión
A reunión do xurado terá lugar no mes de novembro de 2026. Aira resérvase o dereito a mudar a data da reunión. Despois desa reunión publicarase o nome da proposta premiada e a composición do xurado.
A concesión definitiva do premio queda condicionada á entrega da obra completa. O xurado verificará que a obra final responde á descrición da proposta inicial.
Pagamento
O pagamento do premio efectuarase unha vez que se asine o contrato e comece o proceso de edición coa obra final.
8 Oitava: protección de datos
Os datos facilitados serán tratados por Aira coa finalidade de tramitar esta convocatoria. A participación nesta convocatoria implica aceptar a realización de fotografías e/ou vídeos por Aira no certame de entrega dos premios ou no desenvolvemento das actividades complementarias.
As ditas imaxes poderán ser publicadas en:
- A páxina web e os perfís en redes sociais de Aira.
- Filmacións destinadas á promoción da actividade.
- Publicacións para dar a coñecer a actividade.
A lexitimación para o tratamento dos datos persoais baséase no cumprimento dunha misión de interese público. Os datos poderán ser comunicados ás Administracións públicas para o exercicio das súas competencias e serán conservados de acordo co establecido na normativa de arquivo.
As persoas interesadas poden exercer os dereitos de acceso, rectificación, supresión, oposición, limitación ao tratamento e portabilidade dos datos segundo o establecido pola lei.
9 Novena: aceptación das bases
A participación nesta convocatoria supón a total aceptación destas bases.
Descarga as bases completas
Consulta ou garda o documento oficial da convocatoria en formato PDF.
↓ Descargar as bases en PDF