(Ares, 1976) Historiador da Arte, ilustrador, pintor e autor de banda deseñada. Publicou catro novelas gráficas: Un hombre feliz, gañadora do Certame Castelao e premio do público ao Mellor Guión no Saló del Cómic de Barcelona e tamén foi adaptada a formato radio-teatro pola Radio Nacional Eslovena; Cartas de Inverno, Premio Isaac Díaz Pardo ao Mellor Libro Ilustrado pola Asociación Galega de Editores LA LUZ, nominada a Mellor Obra Nacional en Expocómic e A CHAIRA, galardoada co Premio á Mellor Libro de Banda Deseñada do ano na Gala do Libro Galego 2020. Fai traballos de ilustración para literatura infantil e xuvenil, para revistas, xornais… leva feitas dúcias de portadas de libros, capas e libretos de discos para grupos como Marillion, Luar Na Lubre, etc Logos como os da Fundación de David Lynch e ilustracións para series como La que se avecina. Diversas exposicións de pintura e ilustración: Ramses by Philippe Stark , Madrid; Galería Sargadelos Ferrol, Sala de Exposicións de San Martiño Pinario en Compostela, etc. Comisariou a exposición do 30º Aniversario de Luar Na Lubre para os que tamén realizou as sesión de fotos oficiais. No 2019 publicou a súa primeira novela xuvenil O Soño da Serpe.