Arcadio López-Casanova | Aira editorialeditorial

Arcadio López-Casanova

(Lugo, 1942) Pasou gran parte da súa infancia nas terras do Páramo. Estudou Filosofía e Letras na Universidade de Santiago de Compostela. Doutor en Filoloxía. Na década do 1960 foi docente en Lugo, no Colexio Fingoi e no actual IES Lucus Augusti. Nesa época fundou a colección de poesía «Ronsel». No 1968 foi nomeado para a Cátedra de Lingua e Literatura Españolas do Instituto Mariano Benlliure de Valencia. Acabou a súa carreira docente como profesor da facultade de Filoloxía da Universidade de Valencia. Viviu xa para sempre na capital mediterránea coa súa dona, Carmen Paramio. Á parte de poeta, foi un destacado crítico literario e investigador académico. A RAG nomeouno membro de honra no 2012. Recibiu o premio «Voz da Liberdade» do Centro PEN Galicia no 2015 e o Premio Otero Pedrayo (2015), que outorgan as deputacións de Galicia. Como escritor recibiu o Premio Adonais (1978), o Premio da Crítica Galicia (1984), o Premio Ciudad de Melilla (1991), o Premio Tiflos (1997) e o Premio Caixanova (2005) entre outros. Faleceu en Valencia o 11 de abril do 2022.