(Touro, 1991) Graduada en Belas Artes pola Universidade de Vigo, tamén conta cun mestrado en Libro Ilustrado e Animación Audiovisual. Pinta dende que ten memoria e ilustra contos dende que é nai.
Tocou diversos campos do mundo da ilustración, como o deseño editorial, a ilustración de produto ou a cartelería, pero a súa gran paixón son os libros ilustrados.
No 2017 publicáronse os seus primeiros traballos de álbume ilustrado, Manuela e A maxia de mamá, este último como autora íntegra, e dende entón non deixou de traballar. Nos últimos tres anos ilustrou máis de quince libros para o mercado galego, nacional e americano, e ten novos proxectos que pronto verán a luz.
Na actualidade segue a ilustrar historias no seu pequeno estudio.