Edgar Allan Poe | Aira editorial

Edgar Allan Poe

(1809-1849). Escritor, xornalista, crítico literario. Está considerado un dos máis grandes escritores da historia da literatura e considérase pai non só da literatura moderna estadounidense, senón da concepción contemporánea dos xéneros populares narrativos (novela policial, novela de terror…). Cultivou especialmente o relato curto e a poesía, e foi un mestre na creación de atmosferas literarias. O relato de Arthur Gordon Pym foi a súa única novela.