(Errenteria, 1977) Traballou como editora, tradutora e guionista. Actualmente é profesora na Universidade do País Vasco no departamento de Didáctica da Lingua e a Literatura.
Ademais de ensaio de crítica literaria, tradución e banda deseñada, publicou catro libros de relatos: Eta handik gutxira gaur (2004), Haragia (2007), Katu jendea (2010) e Bihotz handiegia (2017). Material de construción é a súa primeira novela.