(Santa Cruz de Tenerife, 1973) Comunicadora, actriz e escritora. Licenciada en
Ciencias da Información pola Universidade Complutense de Madrid. Colabora con medios de
comunicación como articulista (Diario de Pontevedra) e presentadora (Club Faro de Vigo,
Televisión de Galicia). É relatora en foros educativos e empresariais e formadora nas
especialidades de Creatividade e Oratoria. Membro do directorio Mulleres Referentes de
Galicia e do Xurado dos Premios da Cultura de Galicia (2020).
Autora de Despertando la Creatividad (Profit editorial), O que non sabías (Edicións Xerais de
Galicia), Lo que no sabías (Editorial Carena).