(Littleton, New Hampshire, 1868) O seu pai era farmacéutico e a súa nai unha descendente daqueles primeiros ingleses que chegaron a América no famoso navío Mayflower. Estudou Música en Boston e chegou a ser cantante profesional. Logo de casar con John Lyman Porter, empresario, no 1892, estableceuse en Chattanooga, Tennessee. A carreira literaria de Eleanor comezou no 1900. O seu grande éxito foi Pollyanna. Morreu en Cambridge, Massachusetts, no 1920, a causa da tuberculose.