(A Coruña, 1978) Filóloga, escritora e artista plástica.
Como poeta a súa obra atinxe máis de dez títulos entre os que atopar s/t, O libro das mentiras ou Antídoto. En 2017, un poema deste poemario foi considerado o Mellor Poema do Mundo e galardoado co Premio de Poesía Jovellanos.
No ano 2018 gañou o Premio da Crítica Española no apartado de narrativa en galego por Bibliópatas e fobólogos (Galaxia), o Premio Xerais de novela por Besta do seu sangue e o Premio de Poesía Fiz Vergara Vilariño por As voces ágrafas.
En 2019 gaña o Premio Jules Verne por Os corpos invisibles (Xerais). Esta novela tamén foi considerada, xunto coa autora, a mellor do ano pola revista electrónica Fervenzas Literarias e no 2020 gaña o Premio da Gala do Libro Galego ao mellor texto xuvenil. En 2021 publica Os libros que hai en min (Cuarto de Inverno). Tamén é autora de Juana de Vega, a muller que desafiou o seu tempo (Galaxia), que escribiu a catro mans con Marilar Aleixandre. Vén de publicar o poemario bilingüe Para saír deste lugar (Urutau), ao que acompaña a serie de collage do mesmo nome.
Como artista plástica participa con collage nos poemarios O Elo, de Quico Valeiras (Urutau) e Círculo dentro do círculo, de Inma Doval (Urutau) e na publicación Xela Arias poeta nas marxes (O Arquivo das Trasnas) así como en portadas de libros, ou
en revistas especializadas como Cuaderno Artístico, Collage, La jirafa en llamas, entre outras.