Frances Eliza Hodgson naceu en Cheetham, Manchester (Inglaterra) o 24 de novembro do 1849. Cando tiña tres anos, a súa familia emigrou a Tennessee (EUA). Comezou a publicar as súas historias curtas con dezanove anos. Tivo dous fillos, Lionel e Vivian Burnett. Divorciouse dúas veces. Adheriuse ao ideario feminista. Ao redor dos corenta anos empezou a ser famosa grazas ao éxito das súas obras, tanto para crianzas como para público adulto. Amais de O xardín secreto escribiu as novelas Little Lord Fauntleroy e A Little Princess. Morreu en Nova York o 29 de outubro do 1924.