Naceu en París no 1868. Aínda que se dedicou á avogacía durante uns anos, foi no xornalismo e na literatura onde destacou. No seu tempo foi un recoñecido reporteiro, especializado tanto no xénero de sucesos coma en información internacional. Pioneiro da novela de detectives, O misterio do cuarto amarelo (1907) foi un grande éxito. Publicou outras sete novelas protagonizadas por Joseph Rouletabille. Tamén é obra súa O fantasma da ópera (1910). Morreu en Niza no 1927.