Ignacio Hernández | Aira editorial

Ignacio Hernández

(A Coruña, 1988). É ilustrador pola escola de deseño Antonio Faílde de Ourense. Actualmente reside en Nigrán.

Durante a súa carreira traballou para diversas editoriais, case sempre en traballos para o público infantil e xuvenil.

Como obra destacada ilustrou Quen dá a quenda?, de Héctor Cajaraville, recomendado pola guía de literatura infantil e xuvenil para a igualdade da Xunta de Galicia; Somos os monstros, de Paula Carballeira que foi premio X Premio Manuel María de Literatura Dramática Infantil 2018 e forma parte da lista de Honra 2019 da OEPLI; A cidade dos desexos, de Agustín Fernández Paz e Sálice e Sándala, de Xoán Babarro. Ademais tamén colaborou coa Real Academia Galega para conmemorar o día das letras Galegas ilustrando pequenas biografías de Ricardo Carvhallo e Xela Arias. É tamén autor das iliustracións de Las vacaciones de los Reyes Magos, de Pablo Reyna e a colección “La abuela espía”, de Javier Ruesca e Andrés Quinzaños.