(St. Louis, Missouri, EUA, 1850-1904). Foi unha das máis destacadas autoras de narrativa curta do último terzo do século XIX. Naceu nunha familia rica, de orixe europea, que posuía escravos. Graduouse na Sacred Heart Academy no 1868. Empezou a escribir no 1880, logo de quedar viúva, aínda que desde nova mantivo un contacto estreito coa comunidade literaria da súa cidade natal. O espertar é a súa novela máis famosa e nela recolleu parte da súa experiencia persoal en Louisiana, onde viviu varios anos e onde naceron os seis fillos que tivo co industrial algodoeiro Oscar Chopin.