Konstandinos Kavafis | Aira editorial

Konstandinos Kavafis

Naceu e morreu en Alexandría (1863-1933). Fillo de gregos, asistiu ao derrubamento do Imperio Otomano. De pequeno viviu tamén en Liverpool, tras a morte de seu pai. Pero con vinte e dous anos voltou a Exipto e xa nunca máis abandonaría a súa cidade natal. Está considerado un dos grandes poetas do século XX. A súa obra xa foi famosa en vida del, e el mesmo a editaba en primorosos libros e cartapacios artesanais. Dous foron os seus grandes temas: a reivindicación a través da literatura do vasto legado cultural grego ao longo dos séculos, e o amor, no seu caso un amor homosexual que sempre levou con discreción.