Marco Polo | Aira editorial

Marco Polo

(Venecia, 1254-1324). Membro dunha estirpe de comerciantes moi famosa na República de Venecia. Estivo máis de vinte anos ao servizo de Kublai Khan, emperador da China, para quen desenvolveu varias misións diplomáticas e a quen serviu como gobernador e administrador. No 1295 regresou a Europa. Foi capturado durante a guerra entre Venecia e a República de Xénova. Foi liberado no 1299. Nos seus últimos anos de vida foi membro do Gran Consello da República, principal órgano lexislativo da cidade-estado.