(Ourense 1970). Comezou no mundo da banda deseñada galega co grupo Frente Comixario en Ourense. Compaxinouno coa publicación en Golfiño, El Jueves e outros, ao tempo que empezou a facer ilustración editorial. Traballou na industria da Animación, tanto en proxectos de TV coma nas produtoras cinematográficas Grándola e Dygra Films. Tamén desenvolveu traballo como docente nas áreas da Ilustración e da Comunicación Gráfica. Impartiu obradoiros, cursos e masterclass.
O seu traballo forma parte do ciclo Cidades no Tempo, da Fundación Cidade da Cultura e Afundación. Tamén participou noutras exposicións senlleiras como Galicia, un relato no mundo ou Galicia Futura.
É autor de varios libros ilustrados, como o Frankenstein, de Mary Shelley, que recibiu o Premio da Gala do Libro Galego á mellor tradución do 2019.
Foi responsable creativo de Punto e Coma Allariz. Na actualidade é director de Arte en Aira.