Pablo Otero | Aira editorial

Pablo Otero

Pablo Otero é un artista visual galego.

Realizou estudos universitarios de Belas Artes aínda que a súa formación como profesional é predominantemente de carácter autodidacta. As súas propostas no ámbito da edición e do libro ilustrado son diversas e nos últimos vinte anos ten colaborado en diversos proxectos e formatos, como libros de artista, poemarios, libros obxecto, tebeo, guías didácticas ou álbum infantil ilustrado. Do seu traballo na industria do libro salienta unha predilección por formatos destinados ao público máis novo, un aceno marcadamente interdisciplinar e experimental, tamén un gusto especial por técnicas e ferramentas consideradas tradicionais. Dos seus traballos para Kalandraka editora, Contos por teléfono de Gianni Rodari, forma parte da Lista de Honor do IBBY. Compaxina a actividade editorial coa docencia en Arte que desenvolve no marco da UE. Colabora con estudios de arquitectura en propostas de obra pública.